Aprobación definitva da delimitación do núcleo rural de Vigo do Real (Concello de Samos, Lugo)

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de delimitación do solo do núcleo rural de Vigo do Real, sito na parroquia de Santiago de Renche, concello de Samos (Lugo) (expediente PTU-LU-13/102).

nucleo_vigo_do_real_samosO Concello de Samos remite o expediente de referencia, en que solicita a súa aprobación definitiva, de acordo coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizada a documentación achegada polo concello, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes

I.1. O Concello de Samos carece de planeamento xeral e conta unicamente cunha delimitación de solo urbano no núcleo capital (AD 29.9.1995), e fóra deste réxese polas normas de aplicación directa da LOUG e, no non oposto a ela, polas determinacións das normas subsidiarias e complementarias de planeamento provincial aprobadas o 3.4.1991.

I.2. Segundo a documentación achegada polo concello, a tramitación incluíu:

• Presentación no concello de solicitude de tramitación do proxecto de delimitación (5.3.2013).

• Exposición pública (20.3.2013-2.5.2013), mediante anuncios inseridos no DOG do 2.4.2013, La Voz de Galicia e El Progreso do 20.3.2013. Presentouse unha única alegación segundo a certificación municipal que figura no expediente.

• Aprobación provisional do proxecto de delimitación (2.8.2013).

• Requirimento da Xefatura Territorial da CMATI en Lugo, de emenda documental e deficiencias (23.9.2013).

• Informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural (4.7.2014 desfavorable; e 19.2.2015 favorable).

• Informe favorable da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (17.7.2014).

• Aprobación provisional do proxecto de delimitación (6.4.2015).

• Remisión de documentación do expediente de delimitación á CMATI (2.6.2015).

II. Análise e consideracións

II.1. Proponse a delimitación do asentamento poboacional de Vigo do Real, como núcleo rural histórico-tradicional, cunha superficie bruta aproximada de 3,16 ha.

II.2. O núcleo delimitado atópase dentro do territorio histórico do Camiño de Santiago (Camiño Francés) delimitado por Decreto 227/2011; así como do espazo natural dos Ancares-O Courel, declarado como zona especial de conservación (Decreto 37/2014) e zona de especial protección dos valores naturais (Decreto 72/2004). Está próximo á estrada autonómica LU-633, aínda que é exterior á súa zona de afección.

II.3. O asentamento delimitado conta con topónimo recoñecido no nomenclátor oficial aprobado pola Xunta de Galicia (Decreto 6/2000).

II.4. No número 1.14.2 do proxecto xustifícase o cumprimento do requisito de consolidación edificatoria establecido no artigo 13.3.b) da LOUG.

II.5. O proxecto cumpre coas exixencias establecidas pola disposición adicional segunda da LOUG, nomeadamente: contén o estudo individualizado do núcleo rural, conforme o sinalado polo artigo 61.3 desta lei; así como os planos de delimitación do perímetro do núcleo rural. Tamén quedan reflectidos o trazado da rede viaria pública existente e os espazos reservados para dotacións e equipamentos públicos, así como as determinacións previstas nas letras d) e f) do artigo 56.1 desta lei.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 12.1.b) do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural histórico-tradicional de Vigo do Real, sito na parroquia de Santiago de Renche, concello de Samos.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíqueselle ao concello; e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº226 do 26 de novembro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s