Cangas aproximarase a novos modelos produtivos a través da agroecoloxía

23/11/2015-Morrazoaldía.com

A vila acollerá as ‘I Xornadas de Agroecoloxía, Consumo Responsable e Desenvolvemento Local’ o 26 de novembro e 1,3 e 10 de decembro

 

Cangas dará un novo paso para poñer en valor a ecoloxía e novos modelos para fomentar o emprego. Os días 26 de novembro, 1,3 e 10 de decembro a vila acollerá as ‘ ‘I Xornadas de Agroecoloxía, Consumo Responsable e Desenvolvemento Local’ no salón de plenos do Concello. Esta mañá foron presentadas as actividades nas que participan as concellerías de Desenvolvemento Local, Turismo e Medio Ambiente, Servizos Socias e Mocidade. As xornadas buscan visibilizar diversas iniciativas que se desenvolven en Galicia e que mostran alternativas e oportunidades de emprego. Ademais, desde o executivo destacan que a intención é elaborar un Plan de Desenvolvemento Local non só a nivel produción, senón fomentando o consumo responsable e a promoción de actividades que poñan o valor os recursos patrimoniais.

O obxectivo principal das xornadas será presentar experiencias de aproveitamento de recursos locais que se desenvolven noutros espazos que comparten similitudes co municipio. A través das iniciativas externas darase protagonismo á participación dos diversos axentes locais de Cangas, como particulares, asociacións ou comunidades que teñan interese en desenvolver proxectos similiares. As concellerías implicadas apuntan que Cangas conta con grandes recursos humanos así como naturais que moitas veces están “pouco aproveitados ou nalgún caso abandoados”. Por este motivo o goberno local mostra a súa aposta pola integración social xerando novas oportunidades de traballo a partir de recursos locais para abastecer o mercado local do mesmo xeito que novos puntos de intercambio de produtos e servizos. “As cartel_agroecoloxia_Cangaspropostas agroecolóxicas, mobilizadoras de recursos locais por axentes locais, fortalecerán a sociedade canguesa avanzando na integración social”, destacan.

O goberno local pretende desenvolver nesta lexislatura un programa de impulso para o aproveitamento dos recursos locais, humanos e naturais que derive cara a novas dinámicas sociais e económicas co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas. “A idea é que os protagonistas dese cambio deben ser os homes e mulleres e as súas asociacións ou comunidades, con inquedanzas nestes ámbitos”, matizan.

Programa

O 26 de novembro as xornadas arrincarán con ‘Terras sen uso, recurso para un novo curso’, charla na que participarán a ADR Mariñas-Betanzos, Amigos da Terra e Verxel de Coiro. O 1 de decembro será a quenda de ‘Que comemos e de onde o traemos’, na que participarán Mercado de alimento Labrego (Teo), Grupo de Consumo Semente (Ourense) e Nutre en Bio. O 6 de decembro tratarase a ‘Xestión colectiva de recursos locais e xestión local de recursos colectivos’ a cargo de Monte Cabalar (A Estrada), CMVMC Couso (Gondomar), Máis que Románico (Sober, Lugo) e Escapada Rías Baixas. Por último, as xornadas pecharanse con ‘Produción local de alimentos e integración social’, na que participará a Asociación Alborada.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s