Coñece a túa provincia. Deputación de Pontevedra

coñece_a_tua_provinciaPreto de 500 persoas participan esta fin de semana no programa “Coñece a túa provincia” da Deputación de Pontevedra

Este programa desenvolverase ata o 31 de decembro de 2015

Dentro do marco do programa “Coñece a túa provincia”, que a Deputación de Pontevedra impulsa a través de Servizos Sociais desde 2008, esta fin de semana preto de 500 persoas poderán descubrir, a través de diversas rutas, a provincia de Pontevedra.

Este programa contribúe á dinamización económica e social da provincia de Pontevedra, ao tempo que impulsa o enriquecemento cultural, o fomento da convivencia e o asociacionismo e pon en valor os principais recursos turísticos da provincia, promovendo así o seu desenvolvemento económico.

Participan no programa entidades de iniciativa social da provincia de Pontevedra (de maiores, mulleres, mozos, persoas con diversidade funcional, veciños, familias e menores) que, a través dunha xornada de convivencia que inclúe traslados en autocar, guías informativas, seguro de viaxe, manutención e visitas, percorren lugares emblemáticos das Rías Baixas. Así, as entidades poden escoller entre 18 rutas que inclúen visitas aos edificios da Deputación de Pontevedra e a concellos coma A Estrada, A Guarda, Arbo, Baiona, Barro, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Cangas, Cerdedo, Covelo, Cuntis, Forcarei, Lalín, Meaño, Meis, Mondariz, Mondariz-Balneario, Nigrán, O Grove, Poio, Portas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Silleda e Vigo.

Esta fin de semana participarán preto de 500 persoas de oito asociacións de Moaña (Asociación de Mulleres Poza da Moura), A Lama (Asociación Cultural San Antonio da Lama), Lalín (Asociación de Mulleres en Igualdade de Goiás), Campo Lameiro (Asociación Mulleres Rurais A Chanciña), Cuntis (Asociación de Mulleres Rurais As Termas), Ponte Caldelas (Mulleres Rurais do Verdugo), Vigo (AVCD Sampaio) e Vilagarcía de Arousa (Asociación Cultural Xeada).


Obxecto do programa

Fomentar a convivencia e o asociacionismo de distintos colectivos (maiores, mulleres, persoas con discapacidade e estudantes, entre outros), conforme á Lei de servizos sociais de Galicia, e contribuír ó seu enriquecemento cultural a través de visitas guiadas diarias a centros integrantes do patrimonio da Deputación (Museo de Pontevedra, Pazo provincial, Estación Fitopatolóxica de Areeiro, pazo de Lourizán e castelo de Soutomaior) e a outros lugares de interese da nosa provincia (adegas do Salnés, ría de Arousa, conxunto histórico de Baiona e fervenzas do Parque Natural da Barosa).

O programa comprende unha xornada de convivencia e inclúe o traslado en autocar ós mencionados centros e lugares de interese, o xantar e as visitas.

Beneficiarios 

Asociacións de maiores, de mulleres, de persoas con discapacidade, de veciños, de estudantes e doutros colectivos da provincia de Pontevedra.

Ofértase inicialmente un máximo de 21.681 prazas, que serán outorgadas seguindo a orde de prioridade sinalada nas bases. O número mínimo de participantes por entidade será de 20 e o máximo de 110; para colectivos de mobilidade reducida o número máximo será de 90 persoas. En ambos os casos o transporte farase en dous autocares.

Prezo por participante: 12 € os adultos, 8 € os menores de ata 9 anos (acompañados dos seus pais ou titores); a Deputación achegará a cantidade restante.

Prazo de inscrición: 30 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2015.

Características do programa e servizos ofertados

Ofértanse 18 rutas, das que os usuarios poderán escoller tres por orde de preferencia, así como o día da semana e do mes no que desexan realizar a actividade. Esta información figura no modelo de solicitude.

De luns a domingo sairá un autobús, cun cartel identificativo, que recollerá os participantes en distintos lugares do seu concello e os trasladará ós destinos do itinerario elixido. Ó mediodía pararase para comer e deseguido continuarase co percorrido.

 O programa inclúe:

  • O transporte en autocar (cunha antigüidade inferior ós 5 anos e totalmente adaptado ás posibles limitacións físicas dos participantes) desde os puntos de saída establecidos nos concellos ata os lugares de visita e viceversa
  • Guías informativos que conten coa habilitación de guía de turismo especializado de Galicia, para acompañar os participantes durante o percorrido, e técnicos titulados pola Federación Galega de Piragüismo e Surf para as actividades deste tipo
  • Un seguro de viaxe que cubrirá os participantes durante toda a visita
  • Un xantar que incluirá un primeiro e un segundo prato, sobremesa, bebida e café
  • Unha botella de auga mineral e un aperitivo en todas as rutas previstas; servirase durante a hora da merenda
  • O agasallo dun pano co logotipo da Deputación

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s