Modificación do Plan de Xestión das Augas Salmoneiras do río Ulla

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública o documento preliminar de modificación do Plan de xestión das augas salmoneiras do río Ulla (Plan de xestión do couto de pesca sen morte de Carboeiro e modificación do límite superior do couto de Santeles).

pesca_fluvialO Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (DOG núm. 106, do 4 de xuño), establece no artigo 68 que as propostas dos plans de xestión dos recursos piscícolas serán elaboradas polos servizos provinciais de Conservación da Natureza. Así mesmo, no artigo 67 do antedito regulamento indícase que estes plans serán preceptivos en augas habitadas por salmón e reo.

Por proposta de Servizo de Conservación da Natureza, a Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio de Pontevedra resolve someter ao trámite de información pública o documento preliminar de modificación do Plan de xestión das augas salmoneiras do río Ulla (Plan de xestión do couto de pesca sen morte de Carboeiro e modificación do límite superior do couto de Santeles), durante un prazo de 15 días.

O expediente está á disposición de todos aqueles que poidan ter interese nel nas dependencias da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (San Lázaro, s/n, 15781), na Xefatura Territorial de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (Servizo de Conservación da Natureza, avenida Fernández Ladreda, nº 43, 2º, 36003 Pontevedra) e na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (http://www.cmati.xunta.es) no apartado de pesca fluvial.


DOG nº217 do 13 de novembro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s