Últimos trámites para a aprobación inicial do PXOM de Baños de Molgas

balneario_baños_molgasA secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde, Xaime Iglesias e o equipo redactor

Este encontro serviu para clarexar dúbidas respecto do informe emitido previamente pola Secretaría Xeral, cara ao documento que vai someterse á aprobación inicial.

Este será o primeiro documento de Planeamento xeral do Concello, no que actualmente son de aplicación as Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento Provincial

Santiago, 12 de novembro 2015.- A Xunta colaborará co Concello de Baños de Molgas para que avance un paso máis cara á aprobación inicial do que vai ser o seu primeiro Plan xeral de ordenación municipal.

Así llo trasladou a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, ao alcalde de Baños de Molgas, Xaime Iglesias, co que mantivo un encontro de traballo xunto cos técnicos redactores do PXOM, no que acordaron impulsar a coordinación institucional para axilizar ao máximo este documento de planeamento.

No encontro repasaron os axustes realizados polo equipo redactor respecto do documento previo sometido ao informe da secretaría xeral, que dan cumprimento aos requirimentos técnicos sinalados nese informe, que fora emitido en xullo de 2012.

A secretaria xeral e o alcalde coincidiron na conveniencia en que o documento se someta á aprobación inicial do Pleno á maior brevidade, para poder seguir avanzando nos trámites establecidos, para así dar resposta á necesidade de que o Concello de Baños de Molgas conte cun documento que permita ordenar e planificar o seu desenvolvemento cara o futuro, coa precisa garantía xurídica, substituíndo ás Normas Subsidiarias Proviniciais.

O novo documento suporá maior calidade de vida para todos os seus veciños, e redundará no seu desenvolvemento sustentable.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s