Comuneiros e cazadores piden respecto para o uso do monte galego

UNITEGA09/11/2015-Pontevedraviva.com
A Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Man Común (ORGACCMM) e a Unión de Tecores de Galicia (UNITEGA), diante das lamentabeis declaracions nos medios de comunicación social feitas por algúns ciclistas, e persoas descoñecederas da lexislación vixente, nas que acusaban, sen proba algunha, directamente a veciñanza comuneira e aos cazadores, da colocación de cables e táboas con puntas atravesando pistas e camiños forestáis, queremos manifestar públicamente:
  1. A condena absoluta pola colocación de obstaculos, cables e táboas con puntas, nos camiños e pistas dos montes xa que supoñen un verdadeiro acto criminal contra os usuarios, tanto que sexan titulares dos mesmos ou non. Neste sentido, reclamamos tanto da Policia Autonómica como ao Seprona e Consellería do Medio Rural, a aplicación de dispositivos de vixiancia nas zonas onde se detectaron, co fín de deter e poder xulgar aos delincuentes que os colocan.
  2. Os montes veciñais en mán común, non son públicos nen privados, son propiedade colectiva, polo tanto comunitarios. A sua titularidade correspondelle única e exclusivamente a veciñanza comuneira dun lugar, aldea ou parroquia, sendo dentro das normativas vixentes , os únicos que teñen potestade para decidir sobre estas terras.
  3. Ademais de ser unha titularidade comunitaria, os montes veciñais son espazos abertos que cumplen as funcions productivas, medioambientais e sociais. Moitas persoas que non ostentan a condición da veciño/a comuneiro/a son usuarios da función social do monte (senderismo, cogumelos, paseos con cans,mountain bike, etc ,etc). Mais non poden facelo como se todo o rural fose un imenso espazo público. Estes usos teñen que estar regulamentados e autorizados polos titulares das terras, como acontece cos aproveitamentos gandeiros, cinexéticos, custodia do territorio, ou mesmo con algún clube deportivo.
  4. Esixir, por alleos, usar as terras do monte veciñal e do rural sen autorización dos seus titulares, e un acto de invasión, de ocupación ilegal. Actos que somentes poden traer consecuencias negativas tanto para os titulares das terras (derivadas da responsabilidade civil subsdiaria), como para os usuarios (descoñocemento da situación dos terreos ),e mesmo para o ecosistema. Sirva como exemplo o feito de que namentras nos meses de maio, xuño e xullo, por normativa (Lei 13/2013), prohibese os cazadores adestrar os seus cans no campo, outras persoas con cans de compañia que pasean con eles soltos, causan molestias e danos considerabeis a fauna que neses meses atopanse en pleno periodo reproductor.
  5. Cando se fala das pistas forestáis como vias públicas estáse descoñecendo ou iñorando o que dí a vixente Lei de Montes: Artigo 8, punto 25, “As pistas forestáis son para acceso os montes dos seus titulares, para execución de traballos ou servizos agroforestáis”
  6. Tamén e certo que a vixente Lei recolle no séu artigo 5, que a Consellería competente en materia forestal promoverá a dispoñibilidade de montes e terrenos forestáis para fíns sociáis, educativos, ambientáis e recreativos. Cuestión ésta pola que non fai nada nese senso, no que tanto por iniciativa das administracións como de particulares (clubes, asociacións,…), contando cos titulares das terras (hai comunidades de montes que teñen incluido o uso social nos seus planos de ordenación), poderíase habilitar espazos para esas actividades.

Por elo, tanto a ORGACCMM como UNITEGA, reclaman da Xunta de Galicia inicie canto antes unha campaña formativa ­informativa nos medios de comunicación públicos ( tvg, radio galega…) ,que sirva para formar a estes potenciais usuarios do medio rural, de forma que tomen conciencia de que é necesario respetar os titulares dos terreos nos que desenvolven as suas actividades de lecer, pois son os verdadeiros responsabeis finais da conservación dos mesmos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s