Información pública do PXOM do Incio (Lugo)

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal e do informe de sustentabilidade ambiental do Concello do Inicio (Lugo)

O Pleno do Concello do Incio (Lugo), en sesión extraordinaria do 11 de setembro de 2015, en relación coa revisión do Plan xeral de ordenación municipal, adoptou por maioría absoluta o seguinte acordo:

concello_O_IncioPrimeiro. Aprobar inicialmente a revisión do Plan xeral de ordenación municipal do Incio, no cal se inclúe o informe de sustentabilidade ambiental (ISA), nos termos que constan no expediente.

Segundo. De acordo co artigo 85.2 da Lei 9/2002, someter a información pública o expediente completo, Plan xeral de ordenación municipal e ISA, e abrir fase de consultas, polo prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, en cumprimento da normativa urbanística e ambiental de aplicación.

Simultaneamente ao trámite de información pública, o Concello solicitará ás administracións públicas competentes os informes sectoriais que resulten necesarios e, durante o prazo de información pública, daráselles audiencia aos municipios limítrofes.

Terceiro. Suspender o procedemento de outorgamento de licenzas urbanísticas naqueles ámbitos de núcleo rural clasificados como solo rústico polo plan que se aproba inicialmente. No resto do territorio, o Concello poderá conceder licenzas sempre e cando se cumpra simultaneamente a normativa do plan vixente e do aprobado inicialmente. A suspensión terá a duración prevista na lei.

Cuarto. Durante o prazo de información pública poderase examinar o expediente nas oficinas municipais e locais habilitados para o efecto, de luns a vernes, entre as 9.00 e as 14.00 horas, e formular as alegacións que se consideren oportunas.


DOG nº201 do 21 de outubro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s