Clasificación como veciñal en man común do monte Lagas e Val da Rastiña (Concello de Cualedro, Ourense)

EDICTO do 28 de setembro de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Lagas e Val da Rastiña, a favor dos veciños de Baldriz, na parroquia de Baldriz (San Bartolomeu), no concello de Cualedro (Ourense).

CualedroEn cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data 22 de setembro de 2015, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Lagas e Val da Rastiña, a favor dos veciños de Baldriz, na parroquia de Baldriz (San Bartolomeu), no concello de Cualedro (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data 11 de marzo de 2014, tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Emilio Morais Castro, como presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baldriz, no concello de Cualedro, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común do monte de varias parcelas.

Segundo. Con data 29 de abril de 2015, o xurado provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e ábrese un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentara ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Denominación do monte: Lagas e Val da Rastiña.

Superficie: 19.812 m2 (aprox. 2 ha).

Comunidade solicitante: CMVMC de Baldriz.

Parroquia: Baldriz (San Bartolomeu).

Concello: Cualedro.

Referencia catastral das parcelas que constituén o monte: 32029A299000010000SI, 000801400PG25C0001WG, 32029A300000780000ZU.

Lagas: 15.672 m2 (1,6 ha).

a) Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Datos catastrais

Superficie para clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

Cualedro

299

1

Lagas

15.446

15.446

9000

Lagas

226

226

Superficie para clasificar de Lagas

15.672 m2

1,6 ha

b) Lindeiros:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste).

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Cualedro

297

9005

Concello (camiño público)

299

4

Manuel Ojea Blanco

5

Ángela Ojea Blanco

8

9

10

11

12

13

14

15

16

84

17

87

88

18

19

20

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur).

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Cualedro

299

2

CMVMC de Baldriz

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste).

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Cualedro

299

3

Mª Benita, José, Celsa e Emilio Oje Blanco

298

9003

Concello (camiño público)

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte).

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Cualedro

297

9005

Concello (camiño público)

9007

Concello (camiño público)

Val da Rastiña: 4.140 m2 (0,4 ha).

1. Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Datos catastrais

Superficie para clasificar (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

Cualedro

300

78

Val da Rastiña

3.716

4.140

Superficie para clasificar de Val da Rastiña

4.140 m2

0,4 ha

2. Lindeiros.

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste).

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Cualedro

299

2

CMVMC de Baldriz

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur).

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Cualedro

300

80

David Ojea Freiría

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste).

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Cualedro

300

72

Jacinto Ojea Sánchez/Julio Ojea Rivero

69

Mª Benita, José, Celsa e Emilio Oje Blanco

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte).

Concello

Polígono

Parcela

Propietario

Cualedro

297

9005

Concello (camiño público)

9007

Concello (camiño público)

3. Na parcela Lagas existen construcións de vivendas particulares; preténdese a clasificación dos terreos que ocupan para posteriormente os propietarios as poderen legalizar realizando as correspondentes permutas coa comunidade de montes.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da dita lei: «son montes veciñais en man común (…) os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante os testemuños dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Lagas e Val da Rastiña, a favor dos veciños de Baldriz, na parroquia de Baldriz (San Bartolomeu), no concello de Cualedro (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


DOG nº199 do 19 de outubro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s