Unha sentenza da Audiencia Nacional pon freo á expansión do Eucalipto

eucalipto14/10/2015-Prazapublica (praza.gal)

Coñecida é a capacidade expansiva do eucalipto e os efectos negativos que ten para a biodiversidade e a calidade dos solos naqueles lugares nos que prolifera. Porén, cada variedade ten as súas características, e nos últimos anos comezou a introducirse en todo o noroeste da Península o nitens, máis resistente ao frío que a variedade máis común en Galicia, o globulus. Se o globulus adoita crecer por debaixo dos 400 metros de altitude, o nitens pode facelo en alturas superiores e, ademais, resiste mellor o vento. Isto fixo que nos últimos anos se realizasen cada vez máis plantacións coa nova variedade.

Nos últimos anos comezou a introducirse en todo o noroeste da Península o nitens, máis resistente ao frío que a variedade máis común en Galicia, o globulus

A Audiencia Nacional vén de facer pública unha sentenza que pon un freo á expansión do nitens. O veredicto confirma unha decisión do Ministerio de Agricultura e Medio Ambiente, que excluíra esta variedade de eucalipto dun viveiro de plantación de 10.000 metros cadrados na comarca asturiana de Navia. Celulosas de Asturias (Ceasa), unha filial de ENCE, recorrera a prohibición ministerial, pero a sentenza reafirma a exclusión.

O veredicto subliña a “capacidade expansiva” do Eucalipto nitens, debido á súa “capacidade de proliferar en condicións térmicas estritas”

O veredicto apóiase nun informe do Goberno de Asturias e outro do Comité Científico do Catálogo Español de Especies Ameazadas e subliña a “capacidade expansiva” do Eucalipto nitens, debido á súa “capacidade de proliferar en condicións térmicas estritas”, sinalando que pode “resultar prexudicial para o medio natural”. A sentenza recoñece que o nitens non está rexistrada como especie invasora pero si a define, recollendo o citado nun dos informes como unha “especie exótica naturalizada, moi perigosa polo seu carácter invasor e pola súa potencial capacidade para transformar o medio e bloquear o ecosistema”. O texto apoia a decisión do Ministerio pois -lembra- “o interese do concesionario” está “subordinado ao prevalente interese público”, definido “pola conservación do medio, a selección de concesións e a necesidade de poñerlle fin ao deterioro e alteracións irreversibles do medio”.

A decisión foi moi celebrada polos grupos ambientalistas asturianos, coma a Coordinadora Ecologista de Asturias, que cualificou a sentenza de “importantísima” e instou o Goberno a “vixiar con celo que esta especie non se plante” ou “que se poida chegar a estender de forma natural por algunhas zonas da rexión, como outras plantas invasoras”. Así mesmo, alertaron de que o nitens “colonizou” xa “parte de Galicia”.

A superficie ocupada polo eucalipto en Galicia duplicouse entre 1996 e 2011

O eucalipto representa máis da metade da madeira cortada cada ano en Galicia. En 2010 a cifra acadou os 3.5 millóns de metros cúbicos, sobre un total de 6,8 millóns no conxunto da especies, segundo os datos de Medio Rural. O volume total de madeira de eucalipto cortada fórase incrementando dende os 1.7 millóns de 1994. Neste tempo, segundo o Inventario forestal do Ministerio de Medio Ambiente, a superficie ocupada polo eucalipto en Galicia duplicouse, dende as 138.500 hectáreas contabilizadas en 1996 ata as 396.000 de 2011.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s