Encontros internacionais de arquitectura en Vigo e Pontevedra

cartel_encontros_internacionais_arquitecturaGalicia e o Norte de Portugal son territorios moi próximos, con linguas e culturas irmás, con orografías e climas similares, que nos últimos anos fortaleceron as súas relacións en moitos ámbitos, pero non no da arquitectura. Por elo,  as delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asumen o reto de organizar a primeira edición das xornadas “Mesturas. Encontros Internacionais de Arquitectura Galicia – Portugal”encontros que deben servir para dar a coñecer a arquitectura galega en Portugal e a portuguesa en Galicia, fomentando o intercambio de proxectos e experiencias e servindo de nexo de unión entre a arquitectura dos dous países que, a pesar da proximidade, é agora case inexistente. Os encontros tamén deben de ser un foro de debate que permita compartir puntos de vista sobre multitude de temas de interese común aos que a arquitectura e o urbanismo dan respostas diversas nas dúas beiras do Miño.
A primeira edición das xornadas “Mesturas, Encontros internacionais de arquitectura Galicia – Portugal”, iniciarase tomando como tema central o da “Rehabilitación. Intervenciones en el patrimonio” e celebrarase os próximos 29 de outubro e 5 e 12 de novembro nas cidades de Vigo e Pontevedra, contando coa participación de destacados arquitectos portugueses, que achegarán unha ampla visión sobre a situación da rehabilitación en Portugal. As xornadas teñen como comisarios aos arquitectos Jose Jorge Santos e Jose Carlos Mera (Santos – Mera arquitectos) de Galicia e Tiago do Vale de Portugal.

Díptico das xornadas

Dado que o aforo é limitado, é obligatoria a inscripción para poder asistir ás xornadas.

Máis información e inscrición nos seguintes enlaces:

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s