Sorteo para a promoción da participación no deseño do Catálogo das Paisaxes

somos_paisaxeSomos Paisaxe é unha iniciativa de divulgación que trata de achegar as paisaxes e as persoas a través do re-coñecemento dos elementos que as compoñen, a comprensión das súas dinámicas e procesos e a actuación pola posta en valor do carácter competitivo que teñen as Paisaxes Galegas.

No marco do programa Somos Paisaxe financiado polo Insitituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable convocará unha serie de premios, concursos e sorteos cos que se pretende activar unha mirada da poboación sobre a paisaxe que transcenda o estético e comunique aspectos relacionados cos valores da paisaxe no desenvolvemento socioeconómico e/ou no benestar dunha sociedade.

Prazo de inscrición no sorteo ate o 5 de novembro

No marco do programa Somos Paisaxe financiado polo Instituto de Estudos do Territorio, a Fundación Galicia Sustentable establece un sorteo co que se pretende impulsar a participación da poboación en xeral na plataforma SIXWeb para a participación non deseño dos Catálogos da Paisaxe de Galicia.

Entregaranse 12 noites de aloxamento e almorzo nunha casa rural, unha por cada unha das Áreas Paisaxísticas de Galicia ente as persoas que teñan participado na plataforma de participación https://sixot.es/CatalogosPaisaxe/ (en diante SIXWeb) para a participación non deseño dos Catálogos da Paisaxe que mostren o seu interese por participar e acepten as presentes bases de participación escribindo un email a sorteopaisaxe@galiciasustentable.org co seu usuario na plataforma SIXWeb. O envío deste correo electrónico suporá a aceptación das presentes bases de participación no sorteo. Tamén podes participar a través do formulario web ao que accedes se premes no botón “Participa” que tes á esquerda na túa pantalla.

O sorteo das 12 noites efectuarase o 13 de novembro entre as persoas que teñan participado no proceso de participación para o deseño dos Catálogos da Paisaxe antes do 5 de novembro de 2015.

  1. Condicións de participación

Poderán participar no sorteo todas aquelas persoas maiores de 18 anos de calquera nacionalidade que escriban un coreo electrónico a sorteopaisaxe@galiciasustentable.org e que estean correctamente rexistradas na plataforma SIXWeb para o deseño do Catálogo das Paisaxes de Galicia tendo participado coa sinalización de cando menos un punto na antedita plataforma.

No correo electrónico deberán facer constar nome, apelidos, DNI e nome do usuario na plataforma SIXWeb.

Cumpridas estás condicións a súa participación depende da aceptación das presentes bases do sorteo e a política de protección de datos aplicable ao mesmo.

O envío do correo electrónico cos datos solicitados implicará a aceptación das presentes bases.

Unicamente poderá inscribirse unha persoa por usuario da plataforma SIXWeb.

A Fundación Galicia Sustentable reservase o dereito a dar de baixa e expulsar do sorteo a calquera participante que realice mal uso ou abuso da promoción, cancelando a súa participación. Entendese por mal uso o incumprimento de calquera condición de participación incluída nas presentes bases.

  1. Obxectivo do sorteo

O obxectivo deste sorteo e impulsar a participación da poboación en xeral na plataforma para o deseño do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

  1. Mecánica do sorteo

Para participar no concurso é preciso enviar un correo electrónico co seu nome, apelidos, DNI e usuario da plataforma SIXWeb a sorteopaisaxe@galiciasustentable.org.

O envío deste correo electrónico supón a aceptación das presentes bases de participación.

As e os participantes pasarán formar parte dun listado do que se realizarán as extraccións dos gañadores.

  1. Prazo de participación

Estas bases estarán vixentes desde a data de publicación na web www.somospaisaxe.org/concursos ate a finalización do proceso de participación no deseño do Catálogo das Paisaxes o 5 de novembro de 2015.

  1. Premios

A través deste sorteo repartiranse 12 noites en réxime de aloxamento e almorzo, unha por cada Área Paisaxística de Galicia. Cada premiado recibirá unha desas doce noites. Os premios non son acumulativos, haberá un premio por persoa de tal forma que, as persoas agraciadas cun destes premios serán retiradas da lista de participantes para os seguintes.

As características do premio son: 1 noite de aloxamento para dúas persoas en réxime de aloxamento e almorzo por cada unha das Áreas Paisaxísticas de Galicia: Galicia Central,  Galicia Setentrional, Chairas e Fosas Occidentais, Chairas e Fosas Luguesas, A Mariña/Baixo Eo, Serras Orientais, Serras Surorientais, Ribeiras Encaixadas do Miño e Sil, Chairas e Fosas Ourensás, Costa Sur/Baixo Miño Rías Baixas, Golfo Ártabro (ver mapa en http://somospaisaxe.org/catalogo-paisaxes/).

O premio entregarase de conformidade co seguinte:

  • O premio é intransferible.
  • O premio non se pode trocar por metálico nin por calquera outro premio.
  • A Fundación Galicia Sustentable non se responsabiliza do uso que do premio faga a persoa agraciada e é totalmente allea á prestación derivada do mesmo.
  • Queda prohibida a comercialización e/ou venda do dereito á obtención do premio.
  • Todos os impostos e taxas relacionadas co premio desta promoción ou aqueles gastos adicionais motivados por demora ou neglixencia por parte da persoa gañadora, serán de conta desta, salvo que doutra forma, fose establecido expresamente nas bases.

A Fundación Galicia Sustentable reservase o dereito a modificar o premio por outro de igual ou superior valor promocional de consideralo necesario, comprometéndose en calquera caso a publicar a información a través da páxina web www.somospaisaxe.org/concursos/.

  1. Sorteo

O sorteo realizarase o venres 13 de novembro e escolleranse 12 persoas gañadoras e 12 suplentes, un por cada Área Paisaxística.

As persoas suplentes substituirán á gañadora cando a identificación sexa incompleta, incorrecta, se produza renuncia, non se podía localizar ou se detecte incumprimento dalgún dos requisitos esixidos nas presentes bases.

A elección das gañadoras e gañadores realizarase mediante un proceso aleatorio informático na data arriba indicada entre a lista de participantes conformada tal e como se establece nas presentes bases.

A Fundación Galicia Sustentable reserva o dereito a modificar á súa conveniencia a data do sorteo. Neste caso a decisión e a nova data serán publicadas na páxina web www.somospaisaxe.org/concursos/

  1. Publicación de gañadoras e gañadores

A comunicación do premio farase mediante correo electrónico á dirección obtida para a súa utilización no sorteo.

A persoa agraciada debe confirmar a aceptación do premio por email no prazo de cinco (5) días laborables seguintes ao envío da comunicación. En caso de ter que dirixirse ás e aos suplentes o procedemento e prazo será o mesmo. De non ter resposta dos suplentes o premio pasará a disposición da Fundación Galicia Sustentable.

  1. Aceptación e entrega

Os premios serán entregados en acto público organizado pola Fundación Galicia Sustentable en Santiago de Compostela.

As gañadoras e gañadores autorizan á Fundación Galicia Sustentable a reproducir e utilizar o seu nome, apelidos e imaxe en calquera actividade pública e promocional relacionada con este sorteo, sen que esta utilización confira dereito de remuneración ou beneficio algún a excepción da propia entrega do premio.

O tratamento de datos será adecuado e proporcionado á finalidade de dar a coñecer ás persoas agraciadas como beneficiarias do sorteo.

  1. Aceptación das bases

A participación neste sorteo implica a aceptación sen reservas destas bases e as decisión da Fundación Galicia Sustentable no que se refire á resolución de calquera cuestión derivada da aplicación das mesmas.

  1. Reclamacións

O período de reclamación sobre o resultado do concurso finalizará pasados quince (15) días naturais desde a data de publicación dos resultados.

  1. Modificacion de bases e suspension do sorteo

A Fundación Galicia Sustentable, reservase o dereito a suspender, adiar ou cancelar o presente sorteo en calquera momento anterior ao comezo do mesmo, sempre que existan causas que así o xustifique, así como a modificar as presentes bases, comprometéndose a comunicar as novas bases condicións, suspensión, adiamento ou cancelación no seu caso.

  1. Responsabilidades alleas

En caso algún, a Fundación Galicia Sustentable será responsable dos servizos que calquera outra entidade colaboradora, preste ás persoas agraciadas como consecuencia do premio entregado. A responsabilidade da Fundación Galicia Sustentable queda limitada, en exclusiva, á publicación do resultado do concursos segundo se contemplas nestas bases e á entrega do premio ás e aos agraciados co mesmo.

  1. Depósito das bases

As bases aparecerán recollidas e dispoñibles ao público en www.somospaisaxe.org/concursos.

  1. Aclaracións sobre estas bases.

Calquera aclaración, puntualización ou rectificación destas bases farase pública na web http://www.somospaisaxe.org.

Para calquera aclaración poden dirixirse a info@galiciasustentable.org.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s