Cobro do IBI do Concello de Redondela (Pontevedra)

PERIODO DE COBRO DO PADÓN DE IBI-BICES do Concello de Redondela

concello_RedondelaAprobado por Resolución da Alcaldia de data 25 de setembro de 2015 o Padrón do Imposto sobre Bens Inmobles Caracteristicas Especiais (IBI – BICES) correspondente ao exercicio 2015, estará a disposición do público no Servicio de Xestión Tributaria deste Concello, durante o prazo de 15 dias contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia, poidendo os interesados/as examina-lo e presentar recurso de reposición ante o Sr. Alcalde no prazo dun mes a contar dende a finalización do período de exposición pública do Padrón.

De conformidade do disposto no artigo 12 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, en relación co establecido nos artigos 23 o 25 do Real Decreto 939/2005 do 29 de julio, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Recadación, e o artigo 62 da Lei Xeral Tributaria 58/2003 de 17 de decembro, ponse en coñecemento dos contribuíntes afectados, que o prazo de ingreso en periodo voluntario do Imposto sobre Bens Inmobles Caracteristicas Especiais (IBI-BICES) será o comprendido entre o 1 de outubro e o 3 de decembro do 2015, ambos inclusive, no horario de caixa de cada entidade bancaria colaboradora.

O Imposto deberá pagarse a través das seguintes entidades colaboradoras ABANCA, LA CAIXA, BANCO BILBAO VIZCAYA ARGENTARIA (BBVA), empregando os formularios de ingreso (recibos) que se enviarán ao domicilio declarado do contribuínte por correo ordinario. Os contribuíntes que a 1 de novembro de 2015 non tivesen recibido nos seus domicilios os formularios de ingreso, disporán de prazo ata o 3 de decembro de 2015 para solicitalos na oficina de Recadación Municipal do Concello de Redondela e efectualo pagamento, posto que a non recepción non exonera da obriga de pagamento e non impide a utilización da vía de constrinximento.

Este anuncio ten carácter de notificación colectiva, ao abeiro do disposto no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria 58/2003, de 17 de decembro.

Finalizado o prazo de ingreso en período voluntario, as débedas serán exisidas polo procedemento de constrinximento e devengarán os recargos do período ejecutivo, xuros de demora e, no seu caso, as costas que se produzan (artigo 161 da Lei Xeral Tributaria).


BOP de Pontevedra nº197 do 13 de outubro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s