Aprobación inicial do Plan Especial de Protección do Conxunto de Interese Etnográfico de Seixalbo (Concello de Ourense)

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan especial de protección do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo (expediente de planeamento urbanístico 2013006003).

seixalboA Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día 27 de agosto de 2015, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«8. Aprobación inicial do Plan especial de protección do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo (expediente de planeamento 2013006003).

A Xunta de Goberno Local, de conformidade coa proposta, por unanimidade dos asistentes (10 votos a favor), acordou:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de protección do conxunto de interese etnográfico de Seixalbo-Ourense, segundo o documento técnico redactado de oficio.

Segundo. Sometelo a información pública polo prazo mínimo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e en dous dos diarios de maior circulación da provincia.

Terceiro. Solicitar o informe sectorial en materia de patrimonio cultural á Administración competente, á Xunta de Galicia-Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, durante a fase de información pública».


DOG nº195 do 13 de outubro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s