I Xornadas Micolóxicas no Concello de Oroso (A Coruña)-2015

O Concello de Oroso organiza unhas xornadas micolóxicas, que inclúen saídas ao monte para apañar cogomelos e un xantar-degustación

As xornadas terán lugar na fin de semana do 3 e 4 de novembro. O prazo de inscrición remata o vindeiro 30 de outubro.

 

concello_Oroso2O Concello de Oroso organiza as I Xornadas Micolóxicas, que terán lugar no centro cultural de Sigüeiro durante o sábado 3 e o domingo 4 de novembro. Unha iniciativa dirixida a todos os públicos na que os veciños e veciñas de Oroso poderán introducirse no mundo da micoloxía dun xeito moi completo xa que non só conseguirán uns coñecementos teóricos, senón que sairán ao monte a recoller cogomelos, identificaranos e mesmo participarán nun xantar-degustación nun restaurante do municipio.

Para a realización das xornadas, o Concello de Oroso contará coa colaboración da asociación cultural Tarandeira (Ordes) e co biólogo Martín Souto, especialista en micoloxía do departamento de botánica da Universidade de Santiago de Compostela, que se encargarán de guiar ao alumnado durante eses dous días. O prezo de inscrición nas xornadas é de 30 euros para empadroados/as e de 45 euros para os non empadroados/as, que se poderán aboar a través da páxina web do Concello de Oroso.
Descargar impreso solicitude.

O prazo de inscrición remata o vindeiro 30 de outubro no centro cultural de Sigüeiro, sendo preciso a inscrición dun mínimo de 15 participantes para que a actividade se poida levar a cabo. No caso de que se excedese o número de prazas, terían preferencia as persoas empadroadas en Oroso. O Concello de Oroso non estableceu ningún límite de idade, aínda que si a esixencia de que os menores deberán ir acompañados por un adulto.

Programa das xornadas

As xornadas comezarán ás 9:00 horas do sábado 3 de novembro no centro cultural de Sigüeiro cunha introdución á micoloxía da man de Martín Souto que, a iso das 11:30 horas, dará paso á primeira saída ao monte para recoller cogomelos. Ás 14:00 horas terá lugar un xantar-degustación no restaurante Mariñaos (Oroso) e pola tarde, xa de volta no centro cultural Fernando Casas e Novoa, procederase á identificación e exposición dos cogomelos apañados durante a mañá.

O domingo 4, ás 10:00 horas, terá lugar a segunda saída ao monte na que o alumnado poderá poñer en práctica os coñecementos adquiridos. As I Xornadas Micolóxicas de Oroso pecharanse ás 14:00 horas no centro cultural de Sigüeiro.

Máis información e inscricións no centro cultural Fernando Casas e Novoa, de luns a venres (de 9:00 a 14:00 horas) e os martes e xoves (de 17:00 a 20:00 horas) ou no teléfono 981 690 903.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s