Cursos de Micoloxía en Culleredo (A Coruña) 2015

cartel_cursos_micoloxia_culleredo2015O Concello de Culleredo atenderá a gran afección polos cogomelos que existe agora no municipio e na comarca con dúas edicións do curso de micoloxía. A iniciativa alcanza este ano a súa XXI edición con gran expectación entre os veciños.

Os dous cursos, de catro días de duración cada un, celebraranse en novembro. A primeira edición será do 4 ao 7 e a segunda do 11 ao 14. Este ano celebraranse na Casa dos Caseiros de Vila Melania (Vilaboa).

O XXI Curso de Micoloxía, organizado desde a Concellaría de Desenvolvemento Socioeconómico, ten como obxectivo que as persoas participantes aprendan a recoñecer, buscar e identificar os cogomelos.

Os cursos combinan tanto a teoría coa práctica para impartir todas as competencias necesarias na materia. A parte práctica desenvolverase o último día de cada curso e consistirá nunha saída ata Torre Lavandeira, en Curtis, onde os participantes porán en práctica os coñecementos adquiridos na parte teórica, mediante a recollida dos cogomelos, sempre baixo a supervisión do docente do curso.

O horario das sesións será de 20.00 a 21.30 horas. O custo do curso é de 10 euros para empadroados e 12 para non empadroados. O Concello oferta 50 prazas para cada curso, é dicir, un total de 100. Serán asignadas por orde de inscrición. Só se poderá participar nun dos dous cursos.

O concelleiro, Juan Carlos Lovelle, apunta que o interese pola micoloxía é “extraordinario” en Culleredo. Sinala que o desexo dos cidadáns non é soamente coñecer a micoloxía, senón adquirir coñecementos para poder levar á práctica polos prolíferos montes da zona.

O prazo de preinscrición está aberto ata o 13 de outubro. Para facela pódese contactar coa Concellaría no Centro Pablo Picasso do Burgo (teléfono 981 664 204), en horario de 9.00 a 13.30 horas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s