Acordo de concentración parcelaria Monte de San Miguel de Vilar (Touro, A Coruña)

ANUNCIO do 8 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de monte de San Miguel de Vilar (Touro-A Coruña).

esquema_concentracion_parcelariaPonse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de monte de San Miguel de Vilar (Touro-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 42/1993, do 19 de febreiro (DOG núm. 40, do 1 de marzo), o seguinte:

Primeiro. O 30 de xullo de 2015, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da dita zona, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Touro e na zona. Os documentos que se poderán examinar refírense aos predios de substitución, onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. Contra o acordo, os interesados poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da data de recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo Monelos, rúa Vicente Ferrer nº 2), nas oficinas centrais da Consellería en Santiago de Compostela (San Caetano s/n) ou en calquera das dependencias a que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Consultar planos: http://www.medioruralemar.xunta.es/es/areas/infraestructuras/concentraciones_parcelarias/publicacions/


DOG nº192 do 7 de outubro de 2015


Noticias relacionadas:

Noticieirogalego.com “Acordo de concentración parcelaria da parroquia de Vilar”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s