Xornadas Micolóxicas na Estrada (Pontevedra)

Aínda que as actividades que anualmente ven organizando a Asociación Estrada Micolóxica xa deron comezo o pasado mes de setembro, chegamos a tempo de participar en moitas delas:

CHARLAS

Venres 9 de Outubro. Puri Lorenzo – Rúsulas para principiantes.
Venres 23 de Outubro. José Costa Lago – Discomycetes: Operculados e inoperculados.
Venres 6 de Novembro. Saúl de la Peña Lastra – Bosques de Galicia e algunhas especies asociadas.
Venres 21 de Novembro. Antonio Rodríguez – Cultivo de fungos saprófitos de interese comercial. Presente e futuro. (clausura)

As charlas comezarán ás 20:00h da data correspondente.

Todas as actividades terán lugar no Auditorio de NovaGalicia Banco da Estrada.

Durante os domingos das semanas que hai charlas temáticas, faranse saídas ao monte para a identificación e recolección de cogomelos. O punto de encontro para as saídas ao monte será a praza do Concello da Estrada. Non fai falta confirmar asistencia, basta con aparecer no punto dEstrada_Micoloxica_2015e encontro ás 10:00h.

Este ano convócase o IV Concurso de Fotografía Micolóxica e o V Concurso Escolar de Debuxo Micolóxico.

Para clausurar as actividades deste ano, dende o 18 e ata o 21 de Novembro farase unha exposición con distintas especies de cogomelos e ademais tres TALLERES. Todas estas actividades de clausura serán en horario de 19:00h até as 21:00h, aproximadamente:

18 de Novembro. Taxonomía e microscopía micolóxica e uso dunha guía micolóxica.
19 de Novembro. Micorrización caseira con restos de fungos.
20 de Novembro. Celebración da Semana micolóxica de Galicia con tapas de cogomelos.

A xornada de clausura será o 21 de Novembro, coa entrega de premios dos concursos de fotografía e de debuxo micolóxico e degustación de pinchos con cogomelos, todo logo da charla de Antonio Rodríguez.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s