Aprobación Definitiva do PXOM de O Corgo (Lugo)

ORDE do 11 de setembro de 2015 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Corgo (Lugo)

concello_O_CorgoO Concello do Corgo remite en relación co asunto de referencia, os seguintes documentos do PXOM:

– Expediente administrativo composto de:

Acordo plenario do 30 de xullo de 2015 de aprobación provisional das correccións do PXOM e informe favorable da Axencia Galega de Infraestruturas ás rectificacións do PXOM do 6 de maio de 2015.

– Tomo I: Memoria xustificativa. Fichas de dotacións que se pretenden obter.

– Tomo V.1: Planos de clasificación e ordenación do solo.

– Tomo V.1.bis: Planeamento de desenvolvemento.

– Tomo V.2: Delimitación e consolidación dos núcleos rurais (que quedaron en suspenso).

– Tomo VI: Normativa urbanística (páxinas 85, 86, 91 e 189).

– Tomo VII: Estratexia de actuación e estudo económico.

– Tomo VIII (1) e (2): Catálogo de bens protexidos.

Analizada esa documentación achegada polo Concello, e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

I.1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, mediante Orde do 19 de maio de 2015 acordou, de conformidade co establecido no artigo 85.7.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, outorgar a aprobación definitiva, de forma parcial, ao Plan xeral de ordenación municipal do Corgo, deixando en suspenso as áreas e determinacións obxecto de reparo no punto II do corpo desa orde, ata que o Concello introduza as correccións necesarias e, logo da súa aprobación plenaria, sexan sometidas á súa aprobación definitiva.

I.2. O Concello Pleno do Corgo, en sesión do 30 de xullo de 2015, aprobou provisionalmente o documento de correccións, segundo o interesado na Orde CMATI do 19 de maio de 2015.

II. Análise e consideracións.

II.1. Na Orde do 19 de maio de 2015, de aprobación definitiva parcial do PXOM, as áreas e determinacións obxecto de reparos referíanse, con carácter xeral:

a) Dunha banda, deixábanse en suspenso os ámbitos que requirían unha reformulación da proposta relativa á categorización do solo, nomeadamente o solo urbano de Estación; os núcleos rurais relacionados no punto II.2.2; e os sectores de solo urbanizable non delimitado SUNDR-1 e SUNDI-1.

b) Doutra, cuestións que debían integrarse de xeito automático na documentación do PXOM, en atención ao alcance da orde e á constatación da súa procedencia.

II.2. Do exame da documentación aprobada provisionalmente polo Concello Pleno do 30 de xullo de 2015, púidose constatar que as deficiencias observadas na Orde da CMATI do 19 de maio de 2015 foron tidas en conta, e que se introduciron as correccións necesarias para darlles cumprimento.

A competencia para resolver sobre a aprobación definitiva do planeamento xeral corresponde á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, de conformidade co disposto nos artigos 89 e 93.4 LOUG e no artigo 1 do Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da CMATI.

III. Resolución.

En consecuencia, e de conformidade co establecido no artigo 85.7.a) da LOUG, resolvo:

1º. Aprobar definitivamente o documento de correccións do Plan xeral de ordenación municipal do Concello do Corgo.

2º. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3º. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e ordenanzas do plan aprobado definitivamente.

4º. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº191 do 6 de outubro de 2016

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s