Aprobación definitiva da Delimitación do Núcleo Rural de Següín (Concello de Pantón, Lugo)

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de delimitación do núcleo rural de Següín, da parroquia de Santo André de Següín, do concello de Pantón (expediente PTU-LU-11/099).

delimitacion_Seguin_PantonO Concello de Pantón remite o proxecto de delimitación do núcleo rural de Següín, parroquia de Santo André de Següin, redactado en marzo de 2014 polo arquitecto Ramón Carlos Fernández Losada, da consultora Abante Arquitectura, S.L.P., para os efectos de resolver sobre a súa aprobación definitiva, conforme o establecido na disposición adicional segunda.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizada a documentación achegada polo Concello de Pantón e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

a) O Concello de Pantón carece de instrumento de planeamento xeral e réxese polas normas de aplicación directa da LOUG e, no que non se opón a estas, polas Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial.

b) Consta a seguinte tramitación no expediente:

– Información pública do proxecto mediante anuncios no DOG do 31 de febreiro de 2011 e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia do 12 de marzo de 2011.

– Aprobación provisional do proxecto polo Pleno do Concello do 31.8.2011.

– Resolución desta Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 4.10.2012, indicando unha serie de deficiencias que se deben emendar.

– Nova información pública do proxecto mediante anuncios no DOG do 2 de abril de 2013 e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia do 2 de abril de 2013.

– Informe favorable da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, do 14.1.2014.

– Informe favorable condicionado do Ministerio de Fomento do 5.4.2013.

– Informe favorable condicionado da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 17.4.2014.

– Nova aprobación provisional plenaria no 29.10.2014.

II. Análise e consideracións.

Proponse a delimitación do asentamento poboacional de Següín como núcleo rural complexo, cunha superficie bruta de 53.868,58 m2, dentro da cal se diferencia unha área de núcleo rural histórico tradicional –nrht– de 28.412,59 m2; e outra de núcleo rural común –nrc– de 25.455,99 m2.

O proxecto inclúe estudo do núcleo e regulación das condicións edificatorias aplicables, identifica o viario existente e recolle un catálogo de elementos protexidos.

III. Cumprimento da Resolución de 4.10.2012.

O documento presentado resolve as deficiencias sinaladas na anterior Resolución desta Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do 4.10.2012.

Porén, non se introduciron na normativa as determinacións relativas aos niveis de ruído, sinaladas como condición polo informe do Ministerio de Fomento do 5.3.2013, nin as determinacións sobre os beirís exixidas do informe da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 17.4.2014.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 12.1.b do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

IV. Resolución

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural de Següín, parroquia de Santo André de Següín, do concello de Pantón, con suxeición estrita ás seguintes condicións impostas nos informes sectoriais vinculantes:

a) Ministerio de Fomento: para as novas construcións próximas ás estradas do estado, con carácter previo ao outorgamento de licenzas de edificación, levaranse a cabo os correspondentes estudos de determinación dos niveis sonoros esperables e estableceranse as limitacións á edificabilidade ou disporanse os medios de protección acústica imprescindibles no caso de superarse os limiares recomendados, de acordo co establecido na lexislación vixente.

b) Dirección Xeral de Patrimonio: a ocupación máxima na Ordenanza 2 será de 180 m2; e nos beirís en ningún caso poderán exceder o plano da fachada elementos estruturais de formigón, nin cornixas, molduras ou elementos decorativos.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº188 do 1 de outubro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s