A Xunta comeza a pagar os depósitos previos aos afectados polas expropiacións do Corredor do Morrazo

corredor_MorrazoA Consellería de Infraestruturas e Medio Ambiente comezou co proceso de pago dos depósitos previos aos afectados polas expropiacións do desdobramento, un trámite que se prolongará ata mañá. Segundo explica a Xunta de Galicia, a superficie afectada polas expropiacións do primeiro tramo é 48.398 metros cadrados de ocupación definitiva de monte, 1.401 metros cadrados de imposición de servidume de monte e 20.616 metros cadrados de ocupación temporal de monte e pasteiro.

A ocupación temporal de monte pagarase a 1.01 euros por metro cadrado, mentres que a ocupación temporal de pasteiro será a 1,43 euros por metro cadrado. En canto a expropiación definitiva, o que se paga estes días como depósitos previos é o 10% do total (0,83 euros por metro cadrado de monte) do que se vai a ofrecer como mutuo acordo, que é 8,24 euros por metro cadrado de monte. A isto habería que engadir os bens que hai nos terreos, que se valorarían e pagarían a maiores, tal e como especifican desde Medio Ambiente.

Ademais de proceder ao pago dos depósitos previos aos expropiados do corredor do Morrazo, tamén se entregará a “folla de aprecio”, un documento onde se valoran os bens e que fai a administración. Devandito documento ofréceselle aos expropiados para rematar o expediente expropiatorio por mutuo acordo, aínda que moitos dos afectados sinalaron non estar conformes co pago do terreo e non descartan reclamar por outras vías un custo máis elevado. De feito, coas primeiras expropiacións do pasado ano 2004 moitos acudiron á vía xudicial para reclamar un prezo maior polo valor do terreo, unha manobra que probablemente volverá repetirse despois dos primeiros trámites.

Segundo aclara a Consellería, os depósitos previos calcúlanse segundo o 10% da valoración do mutuo acordo en terreos e bens que se expropian definitivamente, o 10% da valoración do mutuo acordo en terreos aos que a nova infraestrutura vailles a supoñer a imposición de servidume e 100% da valoración das ocupacións temporais.

Os expropiados polo Corredor teñen 15 días para aceptar ou 35 para recurrir o precio que paga a Xunta. Os donos que non estén conformes co prezo deben presentar a súa propia folla de aprecio dos bens afectados.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s