O Concello de Amoeiro (Ourense) sancionará as conexións de auga ilegais

abastecimiento_aguaA auga de consumo humano é un servizo básico, así como un prezado ben cidadán. En Amoeiro, o líquido elemento cáptase no río Miño, sendo impulsado mediante bombeos e distribuído ata os fogares a través dunha ampla rede de subministración municipal.

Os gastos ocasionados polo sistema son satisfeitos de acordo coas taxas estipuladas na ordenanza fiscal vixente, así como a través de aportacións das arcas públicas (xa que o sistema é deficitario). A maioría da cidadanía asume esta obriga, mais algunhas persoas actúan de xeito irresponsable e utilizan conexións ilegais sen contador co fin de evitar o pagamento.

Tan insolidario xeito de actuar carga o gasto sobre o resto da cidadanía, diminúe o caudal de auga dispoñible e mesmo constitúe un delito. Os descenso na presión da auga nos domicilios, e incluso a suspensión da subministración nos fogares acontecen habitualmente en algunhas zonas do municipio durante o verán, tendo lugar ben ás primeiras ou ben ás últimas horas do día coincidindo con regas ou enchidos de piscinas.

O Concello de Amoeiro comparte o malestar reiteradamente manifestado pola veciñanza, e actuará con firmeza para tratar de atallar a utilización fraudulenta dun ben que é de todos. Por elo, o grupo municipal socialista propuxo na última sesión plenaria unha modificación da ordenanza fiscal municipal que establece o corte inmediato do subministro nos lugares nos que se detecte una conexión ilegal, así como a imposición dunha multa de 1.000 euros. Ademais, realizarase a pertinente denuncia ante os servizos da orde pública, coas consecuencias xurídicas ás que dea lugar. Tal medida foi aprobada no pleno de xeito unánime.

Tras a publicación desta medida no Boletín Oficial da Provincia de Ourense, darase un prazo de 15 días para que se proceda á regularización das conexións ilegais que existan ó día de hoxe no municipio. Pasado este prazo de gracia, o Concello de Amoeiro actuará contra quen siga a dispor de enganches ilegais conforme á medida mencionada.

O uso ilegal e egoísta da auga da traída deixará de quedar impune.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s