Expropiación forzosa con motivo de las obras del ADIF-Alta Velocidad Madrid-Galicia. Tramo: Túnel de A Canda vía derecha (Concello de A Mezquita. Ourense)

Resolución de la Secretaría General de Infraestructuras, de fecha 10 de agosto de 2015, por la que se abre información pública correspondiente al expediente de expropiación forzosa que se tramita con motivo de las obras del ADIF-Alta Velocidad, Proyecto modificado del proyecto de construcción de plataforma del corredor norte-noroeste de alta velocidad. Línea de alta velocidad Madrid-Galicia. Tramo: Túnel de A Canda vía derecha. En el término municipal de A Mezquita (Ourense). Expte.: 015ADIF1517.

AVEADIF-Alta Velocidad, o 13 de xullo de 2015, insta a incoación do expediente de expropiación forzosa para dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras do proxecto, o cal foi debidamente aprobado con data 2 de marzo de 2015.

As devanditas obras están incluídas na normativa da Lei 39/2003, do 17 de novembro, do sector ferroviario, capítulo II sobre planificación, proxecto e construción de infraestruturas integrantes da rede ferroviaria de interese xeral, o que implica, conforme ao seu art.º 6.2, que a aprobación do proxecto referenciado no encabezamento do presente escrito leve consigo a declaración de utilidade pública e a urxencia da ocupación para os efectos da expropiación forzosa e a aplicación dos preceptos contidos no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e concordantes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

Na súa virtude, e para os efectos sinalados no título II, capítulo II, da vixente Lei de expropiación forzosa e nos concordantes do regulamento para a súa aplicación, esta Secretaría Xeral de Infraestruturas resolveu abrir información pública durante un prazo de quince (15) días hábiles, contados na forma disposta no artigo 17 do Regulamento do 26 de abril de 1957, para que os titulares dos bens e dereitos afectados pola execución das obras e todas as demais persoas ou entidades interesadas, poidan formular por escrito, ante este departamento, as alegacións que consideren oportunas, de acordo co previsto nos artigos 18 e 19 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56 do regulamento para a súa aplicación.

Poderase consultar o anexo de expropiacións tanto nos locais do Ministerio de Fomento, Secretaría Xeral de Infraestruturas, División de Estudos e Coordinación de Investimentos en Infraestruturas, Paseo de la Castellana, 67; en Adif-Alta Velocidad, Avda. Pío XII, 110 (Caracola, n.º 18); nos respectivos concellos afectados, así como nas Subdelegacións de Goberno ou Delegacións do Goberno, se é o caso.

Do mesmo modo se resolve convocar aos propietarios dos bens e dereitos afectados, ao levantamento das actas previas á ocupación no lugar, días e horas que a continuación se indican.

Esta publicación servirá de notificación para os interesados descoñecidos ou de ignorado domicilio para os efectos previdos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Non obstante, convocarase aos interesados ao acto do levantamento das actas previas, mediante citación individual.


Consultar o listado de afectados: BOP de Ourense nº210 del 12 de septiembre de 2015

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s