Proceso de Participación Pública no Catálogo das Paisaxes de Galicia

somos_paisaxeO Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia aposta pola participación pública na elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Esta iniciativa xorde da profunda convicción de que nin os maiores expertos en paisaxe coñecen tan ben o territorio e todas as paisaxes galegas como as persoas que os habitan. Resulta fundamental contar coa poboación nos procesos de toma de decisións sobre a nosa paisaxe e o noso territorio desde as primeiras etapas. Ésta é unha boa oportunidade para te implicar coa Paisaxe Galega desde esta fase de elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Precisamos da túa axuda, para que nos aportes o teu coñecemento do territorio e das túas paisaxes cotiás e nos deas a túa opinión acerca das mesmas.


TALLERES PARTICIPATIVOS

12 sesións de traballo. Unha por Grande Área Paisaxística. Polo xeral terán lugar os sábados pola mañá (consultar excepcións) a partirse das 1030h.  Despois dunha breve contextualización traballarase na identificación das preferencias paisaxísticas individuáis até ás 11:30h que se fará unha pausa-café. Retomará a sesión trabajando con valores paisaxísticos e finalmente identificaranse áreas degradadas, rematando sempre a tempo para volver comer á casa. O traballo realizado nestes talleres pasará a formar parte dos contidos do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Máis información: http://somospaisaxe.org/blog-sp/

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s