A Xunta recibe o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Mañón (A Coruña) para a súa aprobación definitiva

A Xunta dispón de tres meses para estudar este proxecto de planeamento, que foi aprobado provisionalmente o pasado mes de agosto

concello_MañonSantiago, 11 de setembro de 2015.- A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, recibiu esta semana de mans do alcalde de Mañón, Alfonso Emilio Balseiro Gómez, o que suporá o primeiro plan xeral de ordenación municipal deste concello coruñés, situado na comarca de Ortegal, para a súa aprobación definitiva.

Encarnación Rivas trasladoulle ao rexedor municipal que agora a Xunta dispón dun prazo dun mes para comprobar a integridade documental do expediente administrativo e do proxecto do PXOM de presentado. Tamén lle indicou que a Administración galega dispón dun prazo de tres meses para estudar o PXOM, período que comeza a contar cando o documento estea completo.

Cómpre lembrar que o documento que se está a ultimar obtivo a aprobación provisional o pasado 19 de agosto. Ata o de agora este concello situado na fronteira entre as provincias da Coruña e Lugo rexíase polas normas subsidiarias provincias aprobadas en xuño de 1978.

A Xunta de Galicia destaca o apoio a este proxecto de urbanismo para o que a Consellería de Medio Ambiente concedeu axudas por importe de 112.000 euros.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s