Segundo o executivo galego a nova Lei do solo velará pola protección das paisaxes máis singulares

estratexia_galega_paisaxeFeijóo destaca que a nova Lei do solo establecerá unha protección especial para as paisaxes máis singulares e unha normativa específica para as construcións en solo rústico

 

  • Indica que a nova lei, que nas vindeiras semanas será remitida ao Parlamento, establecerá por primeira vez a obriga de que as normas urbanísticas dos concellos introduzan e respecten as paisaxes máis singulares e valiosas da súa contorna
  • Sinala que tamén exixirá por vez primeira que as construcións en solo rústico se realicen con formas e materiais que aseguren a integración no seu contorno
  • Destaca que para completar o Atlas das Paisaxes de Galicia, mañá comezará un programa de participación pública destinado a recabar, durante dous meses, a implicación da poboación no maior estudo realizado nunca sobre paisaxes galegas
  • Subliña a importancia de acadar un correcto aproveitamento dos recursos forestais galegos, ao ser Galicia a primeira potencia forestal do Estado e a novena a nivel europeo
  • Sitúa o sector da madeira como unha das forzas tratoras da recuperación económica, posto que agrupa un total de 3.000 empresas, mantén 70.000 empregos directos e representa o 3,5 por cento do PIB autonómico

Santiago, 9 de setembro de 2015. O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe que a nova Lei de solo, que nas vindeiras semanas será remitida ao Parlamento, establecerá por primeira vez a obriga de que as normas urbanísticas dos concellos introduzan e respecten as paisaxes máis singulares e valiosas; e, de igual xeito, tamén exixirá por vez primeira que as construcións en solo rústico se realicen con formas e materiais que aseguren a integración no seu contorno.

Así o avanzou na inauguración das VIII Xornadas de Arquitectura e Deseño, organizadas polo Clúster da Madeira de Galicia, onde remarcou a necesidade dun novo marco normativo que contribúa á construción colectiva dun territorio ordenado e protexido que actúe como activo económico e unha fonte segura de calidade de vida.

O mandatario galego sinalou que nesta liña vai dirixido o Atlas das Paisaxes Galegas, que delimita as 12 grandes áreas e 50 comarcas paisaxísticas que configuran a xeografía de Galicia. E ao respecto, indicou que mañá comezará un programa de participación pública destinado a recabar, durante dous meses, a implicación da poboación no maior estudo realizado nunca sobre paisaxes galegas.

Será a través de obradoiros, roteiros, ferramentas dixitais e moitas outras canles que se abrirán á cidadanía para que poida participar no proceso de identificación dos lugares máis singulares e valiosos que cómpre preservar e defender.

O aproveitamento dos recursos forestais
Feijóo subliñou que a ordenación territorial de Galicia é unha das prioridades da Xunta, para o que xa aprobou instrumentos normativos como as Directrices de Ordenación do Territorio ou o Plan de ordenación do litoral. E, nese ámbito, destacou a importancia de acadar un correcto aproveitamento dos montes galegos como fórmula para lograr un triplo obxectivo: a dinamización do rural, a xestión sustentable da nosa riqueza natural e a redución significativa dos lumes.

O titular da Xunta apuntou que Galicia é a primeira potencia forestal do Estado e a novena a nivel europeo. E agregou que a industria da madeira na Comunidade agrupa un total de 3.000 empresas, mantén 70.000 empregos directos e representa o 3,5 por cento do PIB autonómico. Por todo iso, avogou pola necesidade de apostar por este sector como unha das forzas tratoras da recuperación económica.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s