Aprobación definitiva da delimitación do núcleo rural da Ribeira-O Chairo (Concello de Castro de Rei. Lugo)

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre aprobación definitiva do proxecto de delimitación do núcleo rural da Ribeira-O Chairo, na parroquia de San Xoán de Ribeiras de Lea, do concello de Castro de Rei (expediente PTU-LU-15/040).

nucleo_rural_ribeira-chairo_Castro_ReiO Concello de Castro de Rei remite o referido expediente, xuntando proxecto redactado pola consultora Monsa Urbanismo, S.L. datado en xaneiro de 2015, para os efectos da súa aprobación definitiva, conforme establece a disposición adicional 2ª.2, da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Analizada a documentación achegada polo Concello, e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

O Concello de Castro de Rei carece de instrumento de planeamento xeral. Conta unicamente cun proxecto de delimitación do solo urbano dos núcleos de Castro de Rei e Castro Ribeiras de Lea.

Estase a tramitar un PXOM, aprobado inicialmente o 19.4.2010.

De acordo coa documentación remitida polo Concello, constan os seguintes antecedentes en canto á tramitación administrativa:

• Trámite de exposición pública (2.7.2014-4.8.2014) mediante anuncios no DOG do 2.7.2014, e en La Voz de Galicia e El Progreso do 4.7.2014. Segundo certificación de secretaría municipal, non se presentaron reclamacións.

• Informe favorable da Deputación Provincial de Lugo (19.9.2014).

• Informe da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural (25.11.2014) favorable condicionado á incorporación das modificacións e documentación complementaria indicados no informe.

• Aprobación provisional do expediente (14.3.2015).

II. Aspectos xerais.

O proxecto delimita oito pequenas agrupacións de vivendas, considerándoas globalmente como un núcleo rural complexo, ao cal se atribúen os topónimos A Ribeira e O Chairo. A superficie total delimitada acada unhas 10,4 ha. Catro dos ámbitos aparecen tipificados como subnúcleos histórico-tradicionais e catro como subnúcleos comúns.

Os asentamentos articúlanse sobre as estradas provinciais LU-P-1107 e LU-P-1115, onde coexisten pequenas agrupacións de vivendas unifamiliares de carácter tradicional, orixinariamente vinculadas aos usos agropecuarios, con outras vivendas máis recentes motivadas pola proximidade á vila de Castro Ribeiras de Lea e ao parque empresarial, pola boa accesibilidade que proporcionan as citadas estradas e polas favorables condicións topográficas.

III. Análise e consideracións.

1. En relación coas observacións formuladas no informe favorable da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, púidose comprobar o seu cumprimento, pois incorpora un estudo individualizado do núcleo, en que se recoñecen os peches tradicionais existentes e se establecen medidas para a súa protección; e un catálogo que inclúe as edificacións indicadas polo informe, con ordenación para o ámbito dos contornos de protección.

2. Non semella que a tipoloxía de edificación acaroada sexa característica da parroquia do núcleo; na súa maior parte, trátase de vivendas unifamiliares illadas. En consecuencia, e ao abeiro das determinacións contidas nos artigos 56.1.f) e 28.2.a) da LOUG, deberá eliminarse a posibilidade de acaroamento para as novas edificacións, agás cando preexista unha medianeira.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 12.1.b) do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

IV. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural complexo da Ribeira-O Chairo, parroquia de San Xoán de Ribeiras de Lea, do concello de Castro de Rei, coa condición sinalada no punto III.2 anterior.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº172 do 9 de setembro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s