O Concello de Pontevedra inicia contactos para emprender o proxecto do Parque Forestal da Fracha

monte_Fracha08/09/2015-Pontevedraviva.com

O concelleiro delegado do rural e da parroquia de Tomeza, Demetrio Gómez manterá este luns 7 de setembro, a partir das 20.30 horas na Casa dá Cultura de Lusquiños un encontro coa comunidade de Montes de Tomeza. Nesta reunión explicará aos comuneiros a pretensión para poñer en marcha o proxecto de creación do parque forestal no monte da Fracha.

Os encontros desenvolveranse ao longo desta semana coas comunidades de Marcón e A Canicouva. A de Marcón será o xoves, ás 21.00 horas na Casa do Pobo de Marcón e o mércores está convocada a da Canicouva, con horario aínda por determinar.

O proxecto da Fracha, aínda sen elaborar, contemplaría sendeiros, colocación de mobiliario, xogos infantís, rutas para bicicletas de montaña e outras propostas para un espazo de 250 hectáreas nas que dende o Concello de Pontevedra se quere implicar a diversos colectivos para que o parque teña garantías de futuro.


10/08/2015-Pontevedraviva.com

Pontevedra inicia os preparativos do parque forestal da Fracha

A xunta de Goberno do Concello de Pontevedra aprobou este luns o anteproxecto do parque forestal da Fracha, unha iniciativa que persegue dotar ao municipio dun novo parque periurbano chamado a “xogar un papel fundamental na mellora da calidade de vida dos cidadáns”, segundo destacou o voceiro do goberno local, Raimundo González.

Xa transcorreron dous anos dende que se inaugurou o parque do Pontillón de Castro, o primeiro parque forestal de Pontevedra, que construíu o Concello dentro do programa Monte Vivo. Agora trabállase no segundo parque en Gatomorto en Xeve coa idea de construír unha piscina natural aproveitando o paso do río como principal atractivo, e este luns deuse luz verde ao da serra da Fracha.

O anteproxecto contará cunha memoria e recollerá todas as cuestións relativas á tramitación administrativa desta iniciativa, como é o seu encaixe no plan xeral ou os permisos de Medio Ambiente e Medio Rural.

Ademais incluirá propostas de habilitación de sendeiros e instalación de mobiliario, xogos infantís, rutas para a práctica deportiva de bicicleta de montaña.

En total son 250 hectáreas nas parroquias de Marcón, Tomeza, Canicouva e Ponte Sampaio; as que englobaría este parque forestal, lindando cos municipios de Vilaboa e Ponte Caldelas.

Durante os próximos seis meses traballarase neste anteproxecto coa implicación das comunidades de montes afectadas, xunto á participación de colectivos ecoloxistas ou clubs deportivos, entre outros “para que teña garantía de futuro”, sinalou Raimundo González.


Novas relacionadas:

10/09/2015-Faro de Vigo. “El parque forestal de A Fracha exige el uso de 3 montes comunales al Concello”

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s