Aprobación definitiva da delimitación do núcleo Martín de Louredo (Concello de Maside. Ourense)

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias do planeamento de Maside para a delimitación do núcleo Martín de Louredo.

nucleo_rural_Martin_Louredo_MasideO Concello de Maside eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento na delimitación do núcleo rural de Martín de Louredo, de conformidade co previsto no artigo 85.7 da LOUG, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Unha vez analizada a documentación achegada polo Concello de Maside e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resultan:

Antecedentes.

Primeiro. O Concello de Maside conta cunhas normas subsidiarias de planeamento municipal aprobadas definitivamente o 29.10.1985.

Segundo. No DOG do 30.5.2012 publícase o anuncio do 7.5.2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a decisión do 4.5.2012 sobre a non necesidade de someter á avaliación ambiental estratéxica a modificación puntual.

Terceiro. Con data do 31 de maio de 2012, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu o informe previo á aprobación inicial da modificación puntual, conforme o previsto no artigo 85.1. da LOUG, e recolle unha serie de observacións para cubrir.

Cuarto. O expediente conta cos informes municipais técnicos do 31.8.2011, 18.5.2012, 8.6.2012 e 10.8.2012 e xurídicos do 31.8.2011, 22.5.2012 e 10.8.2012.

Quinto. O Concello Pleno, en sesión do 17.8.2012, aprobou inicialmente a modificación puntual e someteuna á información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios nos xornais La Voz de Galicia do 24 de agosto e La Región do 25 de agosto e no Diario Oficial de Galicia do 12 de setembro. No mesmo prazo deuse audiencia aos concellos limítrofes de Amoeiro, O Carballiño, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.

Sexto. En cumprimento da lexislación sectorial vixente emitíronse os seguintes informes:

a) En relación co patrimonio cultural, informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 21.5.2013 e 3.10.2013 (desfavorables) e do 21.2.2014 (favorable).

b) En materia de augas, informe da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura y Medio Ambiente do 29.9.2014, sen obxeccións.

Sétimo. O Concello Pleno en sesións do 26.11.2014, 27.4.2015 e 2.7.2015 aprobou provisionalmente a modificación puntual.

Análise e consideracións.

1. O ámbito da actuación abrangue unha zona que nas normas subsidiarias municipais vixentes está clasificado como solo non urbanizable (hoxe rústico), que inclúe edificacións tradicionais a unha das beiras da estrada municipal e, á outra, existen edificacións de nova construción, nunha situación próxima ao solo de núcleo rural de Carreira situado ao sueste.

2. O topónimo do asentamento recóllese no Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Ourense.

3. O obxecto da modificación puntual consiste na delimitación e ordenación do núcleo rural de Martín de Louredo para a adaptación á Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, conforme o establecido na alínea e) da disposición transitoria primeira da LOUG, na procura de recoñecer a realidade construída no asentamento de Martín de Louredo e axustarse así ao establecido no artigo 94.1. da LOUG.

4. Proponse a delimitación de Martín de Louredo como núcleo rural complexo, cunha superficie total de 10.500 m2, 5.800 m2 corresponden ao ámbito de núcleo rural común e 4.700 m2 ao ámbito de núcleo rural histórico tradicional, conforme o establecido no artigo 13 da LOUG e no punto 3.1.7. das determinacións das directrices de ordenación do territorio, aprobadas polo Decreto 19/2011, do 10 de febreiro.

5. O asentamento está constituído por nove edificacións, das cales cinco son tradicionais, tres de recente creación e unha máis en construción, así como dous hórreos, cunha consolidación edificatoria dun 50 % no ámbito de núcleo rural histórico tradicional e unha consolidación superior ao 33 % no ámbito de núcleo rural común, segundo o cálculo gráfico establecido pola Instrución 4/2011, do 12 de abril, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

6. O documento fixa as condicións de uso e de edificación nos terreos delimitados, define o trazado viario e identifica dous hórreos como elementos de valor cultural.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG e co artigo 12.1.b) do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais correspóndelle á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución

Visto canto antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural complexo de Martín de Louredo, do concello de Maside.

Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº170 do 7 de setembro de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s