Inicio da clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Bandeira, a favor dos veciños de San Martiño, na parroquia de Montes (Santa Baia), concello de Cualedro (Ourense)

EDICTO do 30 de xullo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, relativo ao inicio do expediente da clasificación como veciñal en man común do monte denominado A Bandeira, a favor dos veciños de San Martiño, na parroquia de Montes (Santa Baia), concello de Cualedro (Ourense).

CualedroO Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión do 3 de xuño de 2015, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do monte coas características que a seguir se relacionan:

Denominación do monte: A Bandeira.

Superficie: 864 m2.

Comunidade solicitante: CMVMC de San Martiño.

Parroquia: Montes (Santa Baia).

Concello: Cualedro.

O monte está formado por unha única parcela, sen encravados. Parcela catastral número 19 do polígono 137 do concello de Cualedro (coa referencia catastral 32029A137000190000ES).

Estrema coas parcelas catastrais seguintes (todas do concello de Cualedro):

Norte: polígono 137, parcela 9001 (sen datos catastrais).

Leste: (enumeradas de norte a sur): polígono 137, parcelas 9001 (sen datos catastrais), 122 (Josefa Ferreiro Rodríguez) e 123 (herdeiros de Simón Rodríguez Álvarez). Parcela sen datos catastrais.

Sur: (enumeradas de leste a oeste): parcela sen datos catastrais e parcela 72 do polígono 137 (CMVMC San Martiño).

Oeste: parcela 72 do polígono 137 (CMVMC San Martiño).

O que se pon en coñecemento de todos os interesados, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que xulguen convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.


DOG nº155 do 17 de agosto de 2015

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s