Ampliación do prazo para a execución das actuacións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015

ORDE do 4 de agosto de 2015 pola que se modifica o artigo 31 da Orde do 24 de novembro de 2014 pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 230, do 1 de decembro).

fondo_compensacion_ambientalMediante a Orde do 24 de novembro de 2014 reguláronse os criterios de repartición e establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia (DOG núm. 230, do 1 de decembro).

No artigo 31 da devandita orde establécese que as entidades beneficiarias terán de prazo para executar o proxecto subvencionado e presentar a conta xustificativa ata o 30 de setembro de 2015.

Unha vez instruídos os procedementos iniciados en virtude da orde, o prazo establecido nesta resulta de difícil cumprimento polas entidades beneficiarias. Cómpre facer viable o proceso de execución dos proxectos subvencionados e posibilitar o cumprimento do procedemento de xestión; xa que logo, considerando que non se causa prexuízo a terceiros, é procedente ampliar o devandito prazo de execución e xustificación das actuacións subvencionadas.

De acordo coa Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, co Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, co Decreto 74/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e co disposto na Orde do 24 de novembro de 2014, pola que se regulan os criterios de repartición e se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións da liña en concorrencia non competitiva e da liña en concorrencia competitiva do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2015, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, destinadas a entidades locais de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1

Modifícase o número 1 do artigo 31 da Orde do 24 de novembro de 2014, que queda redactado nos seguintes termos:

«1. As entidades beneficiarias terán de prazo para executar o proxecto subvencionado e presentar a conta xustificativa ata o 15 de novembro de 2015».

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

 


DOG nº154 do 14 de agosto de 2015

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s