Deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Laxos e Cardecide e a de Pazo (Concello de Cuntis. Pontevedra)

EDICTO do 24 de xullo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se dá publicidade ao acordo sobre o deslindamento parcial realizado entre as comunidades de montes veciñais en man común de Laxos e Cardecide e a de Pazo, do concello de Cuntis, respecto do lindeiro común dos seus montes.

 

concello_CuntisPara os efectos previstos nos artigos 53 da Lei 7/2013, do 28 de xuño, de montes de Galicia, dáse publicidade ao acordo do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, en sesión que tivo lugar o día 30 de xuño de 2015, adoptou o seguinte acordo en relación co deslindamento parcial entre as comunidades de montes veciñais en man común de Laxos e Cardecide e a comunidade de Pazo, no concello de Cuntis respecto do lindeiro común dos seus montes.

Antecedentes feitos:

Primeiro. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG número 140, do 23 de xullo), na súa disposición derradeira segunda modifica o artigo 25 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e elimina a obriga da Administración forestal de proceder ao deslindamento e sinalamento dos montes veciñais. Polo tanto, esta competencia corresponde ás comunidades propietarias consonte os artigos 53 e 54 da Lei de montes de Galicia.

Segundo. Con data do 26.10.2012, a CMVMC de Laxos e Cardecide comunícalle ao Xurado de MVMC de Pontevedra o acordo coa CMVMC de Pazo de límites entre ambas as comunidades. Logo de requirimento de documentación consta no expediente a seguinte documentación consonte o artigo 53 da Lei 7/2012: acto de conciliación no Xulgado de Cuntis, certificados de aprobación en Asemblea Xeral de ambas comunidades e cartografía dixital.

Terceiro. Con data do 21.2.2015, publícase no DOG número 21 a revisión de esbozo da CMVMC de Laxes e Cardecide: Anuncio do 5 de decembro de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se dá publicidade do Acordo do 8 de outubro de 2014 sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal Laxos e Cardecide, do concello de Cuntis.

Cuarto. Con data do 8.6.2015, o xefe da Sección de Topografía informa: «publícase no DOG o anuncio do Xurado Provincial de clasificación de MVMC de Pontevedra, polo que se dá publicidade ao Acordo do 8 de outubro de 2014 sobre a adaptación do esbozo do monte veciñal Laxos e Cardecide, no Concello de Cuntis. Este deslindamento abrangue máis terreos que os definidos na revisión de esbozo aprobada, é dicir, marcan unha liña partindo dun encravado e pasando a un monte veciño privado (punto número 1)».

Quinto. Descrición da liña poligonal que determina o deslindamento de mutuo acordo entre os montes veciñais en man común de Laxos-Cardecide e Pazo realizado polo enxeñeiro operador José Manuel Mesego Fernández e formada polos seguintes puntos (UTM ETRS89): punto 1. Esquina da cerrada do piñeiro x=537.951,057 y=4.719.806,728. Punto 2. Outeiro do Home de Pé x=537.734,886 y=4.719.813,987. Punto 3. Pedra de referencia x=537.111,957 y=4.719.853,793. Punto 2. Eira do Castro x=536.816,841 y=4.719.872,650.

Por todo o exposto, informo de xeito favorable ao deslindamento solicitado sempre que se respecten os encravados existentes e se limite o deslindamento ás zonas estremeiras de terreos clasificados como montes veciñais en man común das comunidades de Laxos-Cardecide e Pazo.

Consideracións xurídicas:

Primeira. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo cuarta, establece que para adecuar as avinzas realizada con anterioridade á entrada en vigor desta lei ao procedemento de deslindamento entre montes veciñais en man común previstos nos artigos 53 e 54, deberán publicarse no Diario Oficial de Galicia a resolución do xurado.

Segunda. Da documentación achegada polas comunidades e do informe técnico do Servizo de Montes desta xefatura territorial, conclúese que a avinza entre a CMVMC de Laxos e Cardecide a CMVMC de Pazo e congruente coa respectiva resolución de clasificación e cos lindeiros nela descritos.

Vista a avinza presentada, a documentación achegada con esta e o informe técnico do Servizo de Montes da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar en Pontevedra este xurado, en atención ao disposto nos artigos 53, 54 e na disposición transitoria décimo cuarta da Lei 7/2013, de montes de Galicia, por unanimidade, acorda:

Primeiro. Aprobar a avinza realizada entre a CMVMC de Laxos e Cardecide e a CMVMC de Pazo (Cuntis) respecto do seu lindeiro común nos termos indicados no antecedente de feito quinto e segundo os planos topográficos achegados e validados mediante informe técnico do Servizo de Montes.

Segundo. Notificar este acordo ás comunidades propietarias afectadas e publicalo no Diario Oficial de Galicia para dar cumprimento ao disposto na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativob ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente notificación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


DOG nº159 do 21 de agosto de 2015

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s