Resolución do expediente de clasificación de varios montes da parroquia de Domaio (Concello de Moaña. Pontevedra)

ANUNCIO do 6 de xullo de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, sobre a resolución do expediente de clasificación dos montes denominados Cerradiña e outros da parroquia de Domaio, no concello de Moaña, solicitado a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Domaio (Concello de Moaña. Pontevedra)

montes_DomaioEn cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra ditou a seguinte resolución:

Asistentes:

Presidente:

Miguel Ángel Pérez Dubois (xefe territorial)

Vogais:

Amalia Elsa Pazos Pintos (xefa do Servizo de Montes)

X. Carlos Morgade Martínez (representante das CMVMC da provincia de Pontevedra)

Víctor Abelleira Argibay (representante Colexio de Avogados da provincia)

Lorena Peiteado Pérez (letrada da Xunta de Galicia)

Vogais representantes da CMVMC de Domaio:

Manuel Jorge Fernández González

Calixto Escariz Vázquez

Secretaria:

Ana Belén Fernández Dopazo (funcionaria adscrita ao Servizo Xurídico-Administrativo)

Na cidade de Pontevedra, ás 16.30 horas do día 30.6.2015, coa asistencia das persoas sinaladas na marxe, reúnese no 2º andar do Edificio Administrativo sito no nº 43 da rúa Fernández Ladreda o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir, entre outros asuntos, sobre a resolución do expediente de clasificación dos montes denominados Cerradiña e outros, solicitado a prol dos veciños da CMVMC de Domaio, na parroquia de Domaio (Moaña).

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data de entrada do 30.7.2008, Juan Santos Gómez, en condición de presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común da parroquia de Domaio, pertencente ao concello de Moaña, presenta unha solicitude de iniciación de clasificación dos montes A Cerradiña e outros, cun total de 20 parcelas.

O 19.8.2008 a secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais informa o solicitante de que, unha vez revisada a documentación achegada para a clasificación das parcelas solicitadas, cómpre corrixir a planimetría conforme o indicado polo Servizo de Montes, incluíndo planos cartográficos xeorreferenciados, relación de lindeiros e superficie final de cada unha das parcelas.

En agosto de 2010, a Comunidade de Montes de Domaio achega planimetría corrixida segundo os requirimentos do Servizo de Montes.

O 14.9.2011 o Servizo de Montes indica á secretaria do Xurado de Montes Veciñais que a planimetría presentada é suficiente para identificar as parcelas, que doce non están clasificadas e que oito delas ofrecen dúbidas sobre a súa clasificación anterior. Ademais, varias delas aparecen ocupadas parcialmente por titularidades catastrais de particulares e que a comunidade non presentou relación de lindeiros.

O 28.9.2011 a secretaria do Xurado Provincial de Montes Veciñais informa o solicitante da necesidade de presentar relación de lindeiros e presentar documentación de que dispoñan para aclarar a posible clasificación anterior das oito parcelas referidas.

O 29.11.2011 a Comunidade de Montes de Domaio presenta relación de lindeiros das parcelas obxecto do expediente. Sobre a posibilidade de que oito parcelas xa estean clasificadas, a comunidade alega que a partir dos datos da clasificación anterior realizou hai anos un principio de deslindamento que contribuíu a aclarar os lindes do terreo clasificado e actualizar o esbozo da carpeta-ficha. Estes lindes foron recoñecidos pola Xunta de Galicia no convenio existente coa comunidade de montes e serviron tamén como base planimétrica para a elaboración do actual Plan técnico de xestión do monte. Segundo eses lindes, as oito parcelas referidas serían lindeiras co monte veciñal clasificado pero fóra do seu perímetro.

O 2.1.2012 o Servizo de Montes informa a secretaria do Xurado de Montes Veciñais de que a nova planimetría aportada é correcta e permite identificar as parcelas obxecto do expediente e que a falta de nova documentación sobre as oito parcelas dubidosas non permite aclarar a súa situación.

O 16.4.2012 Juan Roberto Darriba Ferradás, propietario dun predio lindeiro coa parcela denominada Pumariño, solicita comparecer no proceso de clasificación.

Na sesión do 19.11.2012, o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común acordou incoar o correspondente expediente de clasificación das 20 parcelas referidas, baixo o nome de monte da Cerradiña e outros.

O 14.12.2012 a secretaria do Xurado solicita ao Servizo de Montes o correspondente informe preceptivo conforme o establecido no artigo 20 do Decreto 2260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989 de montes veciñais en man común.

O 15.4.2013 o Servizo de Montes remite o informe preceptivo.

O 24.5.2013 o rexistrador da propiedade de Cangas remite a correspondente certificación, indicando en primeiro lugar que non aparecen inscritos neste rexistro a nome de ningunha persoa tal e como se describen, aínda que os tres últimos (Baliela, Regueiriño e Borna) poden coincidir cando menos parcialmente cos predios rexistrados nº 6.383-bis, 4.111 e 3.883, os dous primeiros inscritos a favor da Comunidade de Montes de Domaio e o último a nome do Concello de Moaña.

Segundo. Durante o trámite de audiencia presenta escrito a Comunidade de Montes de Domaio e achega diversa documentación para demostrar o carácter veciñal das parcelas e o seu aproveitamento polos veciños.

Tamén presenta dous escritos J. Roberto Darriba Ferradás, que afirma que a parcela Pumariño é da súa propiedade, anexa a outro predio lindeiro cunha edificación que di que pertence a súa nai, constituíndo os dous predios unha única propiedade, segundo recollen os datos catastrais, dos cales presenta consulta descritiva e gráfica. Nega o aproveitamento veciñal e alega que é el quen limpa regularmente a parcela.

En resposta a estas alegacións, presenta escrito a Comunidade de Montes de Domaio, apelando ao artigo 27 do Decreto 260/1992 que establece que «non será obstáculo á clasificación dun monte como veciñal en man común o feito de estar incluído nalgún catálogo, inventario ou rexistro público con asignación de diferente titularidade».

O 25.10.2013 a Comunidade de Montes de Meira, lindeira coa de Domaio, presenta escrito opoñéndose á clasificación da parcela Borna, por considerar que pertence aos veciños de Meira. Solicita copia do expediente e ampliación do prazo para presentar alegacións, que lle foi denegado.

Terceiro. En vista da documentación aportada pola comunidade solicitante e o informe do Servizo de Montes, as parcelas obxecto do presente expediente teñen a seguinte descrición:

Concello: Moaña.

Parroquia: Domaio.

Nome do monte: A Cerradiña.

Superficie: 0,1558 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

69-9001

estrada

Sur

69-9005

costa

69-85 (parte)

descoñecido

Leste

69-84

Santiago Cabello

Oeste

69-9001

camiño

69-86

José Rodríguez Martínez

Nome do monte: A Granxa.

Superficie: 0,1354 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

27-617

Rodríguez Martínez, María

27-618

Palmás Pastoriza, José

27-619

González Rocha, María del Carmen

Sur

27-617

Rodríguez Martínez, María

27-620

Rodríguez Martínez, María

Leste

27-9018

camiño

Oeste

27-9003

camiño

27-621

Bemposta, José

Nome do monte: Carroque-Pedra Negra.

Superficie: 0,6753 ha.

Lindes:

Parcela norte.

Polígono-parcela

Propietario

Norte

30-207

Acuña González, Francisca e outros

Sur

30-9001

Vía rápida do Morrazo

Leste

30-207

Acuña González, Francisca e outros

Oeste

30-207

Acuña González, Francisca e outros

Parcela sur.

Polígono-parcela

Propietario

Norte

30-9001

Vía rápida do Morrazo

30-20207

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

30-30207

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Sur

35-136

Álvarez Calvar, María Asunción

35-77

Moreira Portela, Adelaida

Leste

35-136

Álvarez Calvar, María Asunción

Oeste

30-9001

Vía rápida do Morrazo

35-136

Álvarez Calvar, María Asunción

Nome do monte: Casrregueira.

Superficie: 0,6911 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

39-24

López Regueira, Concepción

39-30

Martínez Ríos, José Luis

39-31

González Palmas, Elisa

39-32

Ferradas Calvar, Eugenio

39-94

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

39-29

Rosales Fernández, Francisco

36-9003

camiño

36-251

descoñecidos

Sur

39-56

Bello González, Elvira e outros

39-60

González Palmas, Francisco

39-61

Casas Curro, Julio César

39-63

González Filgueira, María

39-64

Rocha Solla, José

39-66

descoñecidos

39-68

Cortegoso Palmas, Elena

39-9003

estrada

Leste

36-9003

camiño

36-270

Ferradas Solla, María

39-88

Arcebispado Santiago de Compostela

Oeste

39-30

Martínez Ríos, José Luis

39-94

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

39-56

Bello González, Elvira e outros

39-40

González Filgueira, Carmen

Nome do monte: Cruceiro.

Superficie: 0,4972 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Parcela norte:

Norte

27-30247

Acuña González, Francisca e outros

Sur

27-663

Palmás González, Luisa/Rodríguez Martínez, Manuel

Leste

27-367

Vidal González, Carmen

Oeste

27-30247

Acuña González, Francisca e outros

Parcela centro:

Norte

27-30247

Acuña González, Francisca e outros

27-663

Palmás González, Luisa/Rodríguez Martínez, Manuel

Sur

27-393

Bermúdez Casas, Manuel

27-387

Lago Veiga, Antonio Alberto/Ríos Santomé, Mª Cristina

27-388

Iberia González Pastoriza

Leste

27-9011

camiño

27-684

José Cortegoso Piñeiro

27-386

Táboas González, María

Oeste

27-30247

Acuña González, Francisca e outros

Parcela suroeste:

Norte

27-30247

Acuña González, Francisca e outros

27-349

Manuel Fernández Moreira

27-354

José Fernández Moreira

27-355

Francisco Fernández Rosales

27-357

Peregrina Ríos Solla

27-359

Celia Martínez Verdeal

Sur

27-30247

Acuña González, Francisca e outros

27-687

Pastoriza Paz, Victoria

Leste

27-30247

Acuña González, Francisca e outros

Oeste

27-30247

Acuña González, Francisca e outros

27-348

Ríos Solla, Elvira

Nome do monte: Fontán.

Superficie: 0,2256 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Parcela norte:

Norte

38-9001

estrada

69-67

Estado M. Fomento

Sur

69-9001

camiño

69-71

Solla González, María Luisa

Leste

69-70

descoñecidos

Oeste

69-73

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

27-9004

estrada

Parcela sur:

Norte

69-79

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

69-77

Curro Alonso, lberia

Sur

69-80

Cabaleiro Veiga, Olimpo

69-79

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Leste

69-9005

costa

Oeste

69-9001

camiño

69-80

Cabaleiro Veiga, Olimpo

Nome do monte: Fontesalgueiro.

Superficie: 0,2740 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

30-193

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Sur

30-207

Acuña González, Francisca e outros

Leste

30-193

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

30-207

Acuña González, Francisca e outros

Oeste

30-193

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Nome do monte: Laxe da Costa-Pumariño.

Superficie: 0,2187 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

39-84

descoñecidos

39-90

Parente Alves, Manuel

39-81

descoñecidos

39-385

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

39-9003

estrada

Sur

39-10125

39-126

Solla, Claudina

Leste

39-77

Lago Verdeal, Carmen

39-78

Valentina Veiga Regueira

39-79

Veiga Rosales, Flora

39-689

Ferradas González, Pilar

Oeste

39-10125

Ermitas Ferradas Lago

39-9003

estrada

Nome do monte: Liñares-Barreiros.

Superficie: 3,8392 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

33-9005

Vía rápida do Morrazo

Sur

33-50079

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

33-9003

estrada

Leste

33-9005

Vía rápida do Morrazo

33-10080

Acuña González, Francisca e outros

Oeste

33-9007

estrada

33-94

Lozano Zuza, Víctor

33-46

Regueira Blanco, Juan Manuel

34-839

José Antonio Gestido Carballo

33-10080

Acuña González, Francisca e outros

33-44

Ferradas Pequeño, Luis

33-45

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Nome do monte: Outerio da Portela.

Superficie: 0,0511 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

27-10633

Palmás Pastoriza, José

27-630

Rocha Solla, Manuel

Sur

27-635

Carro Piñeiro, Francisco Javier

27-634

Carro Piñeiro, Francisco Javier

Leste

27-630

Rocha Solla, Manuel

27-634

Carro Piñeiro, Francisco Javier

Oeste

27-637

Palmás González, José

27-634

Carro Piñeiro, Francisco Javier

Nome do monte: Paradela.

Superficie: 0,6778 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

39-10001

Comunidade de Montes de Domaio

Sur

39-10001

Comunidade de Montes de Domaio

39-21

María Moreira Regueira

39-22

María Isabel Pastoriza Estévez

39-23

Carlos Fernando Solla Veiga

Leste

36-251

descoñecidos

36-254

descoñecidos

Oeste

39-10001

Comunidade de Montes de Domaio

Nome do monte: Prado Calvar.

Superficie: 0,0186 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

34-683

Magallanes González, Manuel

34-446

Paredes Rosales, Felisa

Sur

34-444

Ríos Pequeño, Filomena

34-443

María Ferradas Estévez

Leste

34-445

Palmás Ferradas, Iberia

Oeste

34-684

Riobó Dios, María Modesta

34-445

Palmás Ferradas, Iberia

34-683

Magallanes González, Manuel

Nome do monte: Prado Palmás.

Superficie: 0,0043 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

Sen definir

camiño

38-208

Piñeiro Vázquez, Berta

Sur

38-215

Dolores González Pastoriza

Leste

Sen definir

camiño

38-208

Piñeiro Vázquez, Berta

Oeste

Sen definir

camiño

38-72

Lago Verdeal, Carmen

38-73

Palmás Solla, Adelaida

Nome do monte: Río do Bazo.

Superficie: 0,0533 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Parcela norte:

Norte

Sen definir

rego

37-538

García Coello, Peregrina

Sur

37-662

González Veiga, Digna

37-9003

río

Leste

37-542

José Calvar Rouco

37-658

Calvar Regueira, Luisa

37-656

Calvar Regueira, José/Curro Regueira, María

Oeste

Sen definir

río

37-9003

camiño

Parcela sur: Muíño de Palma

Norte

37-9003

río

Sur

37-747

Calvar Rouco

37-750

Victoria Martínez Verdeal

37-751

Fernando González Pequeño

Leste

37-752

Riós, José

37-753

Curro Alonso, María

Oeste

37-753

Curro Alonso, María

Nome do monte: San Lourenzo.

Superficie: 0,3214 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

30-184

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Sur

30-14

González Cruch, Manuel

Leste

30-27

Chantada González, Isabel

30-28

Ríos Chantada, Carmen

30-204

Golf Domaio, S.A.

Oeste

30-29

Chantada González, Benedicta

30-30

Conde Chantada, Daniel

30-9002

Camiño

30-204

Golf Domaio, S.A.

Nome do monte: Souto.

Superficie: 0,2487 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

36-9003

camiño

39-88

Arcebispado Santiago de Compostela

39-89

Concello de Moaña

Sur

36-690

Palmás Regueira, María

Leste

36-9011

camiño

36-9004

camiño

36-696

descoñecidos

Oeste

39-68

Cortegoso Palmás, Elena

39-69

Palmás Pastoriza, José

39-70

Pastoriza Estévez, María Isabel

39-385

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Nome do monte: Biduído.

Superficie: 0,9724 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

27-135

Rosendo Rosales, Rosendo

27-9001

estrada

28-197

Alonso Paz, Benita e outros

28-306

Dosinda Carmen Ríos Pequeño

28-299

descoñecidos

28-300

José Curro Vidal

28-301

Manuel Riobó Pastoriza

28-295

José García Riobó

Sur

27-9001

estrada

Leste

28-296

descoñecidos

28-286

García Rosales, María

28-9009

camiño

28-275

Conde Palmás, María

28-635

García Riobó, María

28-284

Bragedo Iglesias, Ángel e outros

Oeste

27-142

descoñecidos

27-143

Gerardo Verdeal Rial

27-144

Cesáreo Verdeal Rial

27-145

descoñecidos

27-146

descoñecidos

27-148

Carmen Verdeal Rial

27-149

Salvador Garrido García

27-150

José García Riobó

28-284

Bragado Iglesias, Ángel e outros

Nome do monte: Baliela.

Superficie: 0,7990 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

33-9004

estrada N-550

Sur

70-9003

costa

Leste

70-18

José Molares Alonso de Sa

Oeste

70-15

José Molares Alonso de Sa

Nome do monte: Regueiriño.

Superficie: 0,6495 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

32-9006

estrada N-550

Sur

70-9003

costa

Leste

70-19

Comunidade de Montes en Man Común de Domaio

Oeste

70-18

José Molares Alonso de Sa

Nome do monte: Borna.

Superficie: 0,8453 ha.

Lindes:

Polígono-parcela

Propietario

Norte

68-9001

estrada local ao cargadoiro Aljibes e estaleiro

Sur

69-9005

costa

Leste

69-142 e

27-9004

estrada N-550

Oeste

68-9001 e 9006

estrada local ao cargadoiro Aljibes e estaleiro

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e co artigo 1 do Decreto 240/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «… os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

Así, segundo abondosa xurisprudencia, o feito que xustifica a clasificación ou non como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse ou non demostrado o aproveitamento consuetudinario en man común, prescindindo das cuestións relativas á propiedade e demais dereitos reais.

A isto debe engadirse, como ben sinala para casos análogos o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en sentenza do 29 de xuño de 2009:

«A función do Xurado Provincial é a de comprobar a existencia ou non dun aproveitamento consuetudinario comunal nos termos indicados no artigo 1 da Lei 13/1989, o cal exclúe do seu exame cuestións de propiedade, reservadas á xurisdición ordinaria e que non obstan para a clasificación do MVMC.

Tampouco é obstáculo para tal fin que o monte figure incluído, a nome doutras persoas ou entidades, en catálogos, inventarios ou rexistros públicos, salvo que a dita inclusión sexa consecuencia dunha sentenza ditada en xuízo declarativo (sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 8 de maio 2008 onde se reproduce con claridade a doutrina do Tribunal Supremo, que define como única razón válida para a clasificación a constante posesión continuada do aproveitamento dos montes polos veciños de forma mancomunada, sen que fronte a este estado posesorio dos aproveitamentos do monte, non necesariamente forestais, poidan prevalecer os actos de disposición destes aínda que tivesen acceso ao Rexistro da propiedade…».

Sobre os tipos de aproveitamento, este debe entenderse en sentido amplo no referido aos usos posibles, que poden ser variados e distintos en cada momento e parcela. A xurisprudencia establecida así o aclara. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a través da Sala do Contencioso-Administrativo, na Sentenza nº 1239/2002 establece que «…a Lei 13/1989 di que os montes veciñais o son con independencia das súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria. Por iso, o feito de que o uso actual principal da parcela litixiosa non sexa agrícola, forestal ou gandeiro, senón recreativo, non é obstáculo para a súa clasificación como monte veciñal…».

E a doutrina emanada da Tribunal Supremo, a través da súa Sala Contencioso-Administrativa, é clara cando xa na Sentenza do 22 de febreiro de 1988 establece que «…a Avogacía do Estado presenta, como primeira causa de oposición, a de aplicar o concepto de monte aos terreos que se reclaman como veciñais, cuestión esta que non pode resolverse ante os conceptos que se explican nas disposicións legais, por canto se observa que tanto a Lei de montes como o seu regulamento, ou as leis de montes veciñais en man común de 1968 ou a vixente de 1980 atenden en sentido primordial ao aproveitamento forestal, respondendo a unha política anexa de protección do monte e ao cultivador desde o punto de vista da repoboación forestal, criterio este que, en relación co ámbito específico do monte veciñal en man común, característico de Galicia, foi superado pola xurisprudencia en atención ás súas características consuetudinarias, no sentido de estimar que o monte no só podía ter unha finalidade forestal…, deducíndose disto que ese criterio xurisprudencial foi aplicado polos xurados provinciais cun sentido amplo, atendendo á explotación e o aproveitamento polo común dos veciños e interpretando a lei conforme indica o Código civil no seu artigo 3, en atención ás circunstancias de tempo e lugar».

Ademais da documentación histórica, a comunidade de montes solicitante presentou unha extensa documentación para probar o uso polos veciños das parcelas solicitadas de clasificación. A documentación é variada e reflicte tamén o variado uso que os veciños lles dan ás parcelas en función das súas necesidades produtivas ou sociais.

Polo exposto, ponse en evidencia que na maior parte dos terreos que se pretenden clasificar existe unha utilización periódica veciñal nos termos aplicables do artigo 1 da Lei 13/1989 por parte da CMVMC de Domaio.

Terceiro. Algunhas das parcelas solicitadas de clasificación inclúen instalacións como lavadoiros ou fontes, o que constitúe nestes casos unha acreditación do uso veciñal. A ausencia de alegacións por parte do Concello de Moaña, notificado debidamente da apertura e trámite do presente expediente, debe entenderse segundo o estipulado no artigo 27 do Decreto 260/1992 polo que se aproba o Regulamento de montes veciñais, que establece que no caso de que os bens obxecto da clasificación estivesen incluídos no Inventario de bens municipais, os concellos non están obrigados a opoñerse á clasificación. Xa que logo, este proceder leva implícito o coñecemento do carácter veciñal destes terreos por parte do Concello.

Conclusións da investigación.

Primeiro. Unha vez analizada a documentación presentada, o informe do xefe da Área Técnica de Montes Veciñais e as alegacións presentadas, chégase ás seguintes conclusións:

1. Que a parcela A Cerradiña, de 0,1558 ha de superficie, ten árbores novas e está situada á beira do mar. Parte da súa superficie aparece con titularidade catastral particular. Segundo a Comunidade de Montes, ten aproveitamento de mato, leña e madeira polos veciños. Presenta certificación do secretario de que a cuadrilla da Comunidade de Montes realiza periodicamente labores de roza nesta parcela e tamén copia de solicitude de corta en 2011. No informe preceptivo consta que «… aparece poboada por mato de xesta, folgueira e silva, pés soltos de piñeiro e un pé de piñeiro de maiores dimensións, presenta abundante rexeneración de eucalipto. No momento da inspección aprécianse restos de corta». Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

2. Que a parcela A Granxa, de 0,1354 ha de superficie, aparece con titularidade catastral particular en parte da súa extensión. A Comunidade de Montes de Domaio alega que está dedicada a toxos aproveitados para esquilmos polos veciños e presenta certificación do secretario da Comunidade de que a cuadrilla realiza ás veces labores de roza na parcela, pero na súa visita, o instrutor atopouna sen limpar desde hai anos, ratificando o informe preceptivo que informa de que está «poboada con latizas de eucalipto e mato de silva, xesta e acacia. Non presenta sinais de uso». Non se considera probado o aproveitamento veciñal da parcela.

3. Que a parcela Carroque-Pedra Negra, de 0,6753 ha, está dividida en dúas parcelas, de 0,2037 e de 0,4716 ha de superficie, separadas polo corredor do Morrazo. Está arborizada e dedicada, segundo a Comunidade de Montes de Domaio, a uso veciñal actual de recreo con denominación de Poza da Moura. A Comunidade presenta certificación do secretario de que a súa cuadrilla realiza periodicamente labores de roza na parcela. No informe do técnico de Montes Veciñais consta que «a parcela norte está ocupada por muíños e atravesada por sendas e condutos de auga abertos… Solo pouco profundo con afloramentos rochosos. Raso con rexenerado de piñeiro disperso. Non presenta sinais de uso. A parcela sur… ten solo de pendente forte atravesada por camiño forestal. Poboado por fustal claro de eucalipto e piñeiro con abundante rexenerado de ambas as especies». Con titularidade catastral particular en parte da superficie, non se considera suficientemente probado o aproveitamento veciñal da parcela.

4. Que a parcela Casrregueira, de 0,6911 ha de superficie, está atravesada por estrada asfaltada e poboada por árbores coidadas. Ten atribuída titularidade catastral particular en parte da súa extensión. A Comunidade de Montes aduce que o seu uso tradicional era a produción de leña e pastos, e agora é limpada pola súa propia cuadrilla para a prevención de incendios e o seu uso recreativo, en apoio do cal presenta certificación do seu secretario, achega fotográfica e copia do plan de cortas do ano 2012 presentado na Xunta de Galicia no cal se inclúe esta parcela. O informe preceptivo recolle que «presenta ruínas de edificacións en pedra. Terreo de pendente forte parcialmente raso bordeado de fustal de eucalipto con sotobosque de acacia, loureiro e frondosas ao bordo do rego, en raso mato de toxo e folgueira. Presenza de tocos de eucalipto tratados con herbicida e roza». Considérase probado o uso veciñal da parcela.

5. Que a parcela Cruceiro, de 0,4972 ha de superficie total, está repartida en tres subparcelas: Cruceiro 1 de 0,0673, Cruceiro 2 de 0,0723 e Cruceiro 3 de 0,3576 ha. Están dedicadas a mato e con penedos. Teñen atribuída titularidade catastral particular en parte da superficie. A Comunidade de Montes alega un aproveitamento tradicional de madeira, leña, pastos e esquilmos, que se manteñen. Presenta unha certificación do secretario de que a súa cuadrilla realiza periodicamente labores de roza.

O informe do técnico de Montes Veciñais fai constar que esta parcela é «lindeira con superficie xa clasificada e está dividida en tres subparcelas. A situada máis ao norte aparece cuberta por abundantes afloramentos rochosos, con pés de carballo plantados … está rozada no momento da inspección. A subparcela situada máis ao leste é un raso con pés dispersos de eucalipto e piñeiro. A subparcela situada máis ao oeste, en terreo con pendente media, está poboada de latizal denso de eucalipto». Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

6. Que a parcela Fontán, de 0,2256 ha de superficie total, está dividida en dúas subparcelas: Fontán norte de 0,1695 ha e Fontán sur de 0,0561 ha. Ten atribuída titularidade catastral particular en parte da superficie. A subparcela norte é unha franxa en pendente entre a estrada, arriba, e o camiño, abaixo. Segundo a Comunidade de Montes de Domaio, aquí continúa o tradicional aproveitamento de leña e esquilmos e a Comunidade de Montes realiza rozas periódicas, en apoio do que presenta certificación do secretario e copia da denuncia presentada en 1992 perante a Xunta de Galicia contra dous particulares por movementos de terra nesta parcela. No informe preceptivo consta que «sobre terreo de forte pendente, está poboada parcialmente por unha mouteira de eucalipto, quedando o resto da subparcela a mato de xesta, silva e folgueira, non se observan sinais de uso. Porén, na ortofoto do Sixpac esta parcela está limpa, así como na ortofoto do apéndice topográfico presentado pola Comunidade de Montes».

Na subparcela sur, segundo o alegado pola comunidade, existe un antigo cocedoiro de marisco arrendado polos seus propietarios desde hai moitos anos ao Concello de Moaña. O informe do Servizo de Montes engade que «inclúe edificación, cercado intermedio, camiño de acceso á edificación, poste de cables de electricidade e do teléfono. Sobre terreo de pendente media, forestalmente está rasa con mato de silva e plantas ornamentais». Considérase probado o aproveitamento veciñal da subparcela Fontán norte, pero non da subparcela Fontán sur.

7. Que a parcela Fontesalgueiro, de 0,2740 ha de superficie, é unha franxa estreita entre o monte veciñal clasificado e os matos particulares, percorrido por unha pista forestal. Como o resto do terreo veciñal, a Comunidade de Montes de Domaio atribúelle produción forestal, leña, pastos e esquilmos, e presenta certificación do secretario dos traballos realizados. O informe do técnico de Montes Veciñais fai constar que o terreo é unha «estreita franxa de terreo ao longo dunha senda en terreo con forte pendente con afloramentos rochosos sobre o que se asenta un rexenerado de piñeiro irregular e zonas rasas. É lindeiro con terreo clasificado». Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

8. Que a parcela Laxe da Costa-Pumariño, de 0,2187 ha de superficie total, está repartida en dúas subparcelas: unha ao norte, Laxe da Costa, dividida pola súa vez en dúas partes por unha vía pública asfaltada, contén un lavadoiro e un muíño. A subparcela sur, Pumariño, está dedicada a pasto. Atribuída titularidade catastral particular en parte da superficie. Segundo a memoria presentada, estas parcelas teñen tradicionalmente uso social, cun lavadoiro e un vello muíño, e está regularmente rozado pola Comunidade de Montes. Os veciños úsano para pastoreo de gando menor, aproveitamento que aínda se mantén coa participación da Comunidade de Montes, que limpa as zonas que os veciños non aproveitan, en apoio da cal presenta certificación do secretario e achega fotográfica. Pola súa parte, o informe preceptivo recolle que se trata do «contorno inmediato a unha estrada asfaltada que queda incluída na superficie proposta, así como lavadoiro, muíño, muro e accesos ás propiedades privadas lindeiras. Terreo raso con mato de silva e pés soltos con matogueira e carballos».

Un particular pide comparecer no expediente e no período de alegacións presenta escrito manifestando que a parcela denominada Pumariño é da súa propiedade, que sempre a coidou e limpou. Non presenta ningún documento, soamente un esbozo cos lindes da súa suposta parcela. Considérase probado o aproveitamento veciñal da subparcela Laxe da Costa, pero non se considera suficientemente probado o aproveitamento veciñal da subparcela denominada Pumariño.

9. Que a parcela Liñares-Barreiros, de 3,8392 ha de superficie, está dedicada a mato arborizado e ten atribuída titularidade catastral particular en parte da superficie. A Comunidade de Montes declara a parcela con produción actual forestal de árbores con aproveitamento dos veciños de leña e madeira, para o cal presenta certificación do secretario de que a súa cuadrilla realiza nela periodicamente labores de limpeza. No informe do técnico de Montes Veciñais consta que está «atravesada por cables de electricidade e cables telefónicos. A metade sur da parcela está poboada por masa en fustal de piñeiro con mato de silva e xesta, o resto da parcela ten abundantes afloramentos rochosos e está cuberta por masa clara de eucalipto en mestura de idades e mato de toxo e uz. É lindeira con monte xa clasificado». Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

10. Que a parcela Outeiro da Portela, de 0,0511 ha de superficie, é un pequeno mato con rexenerado de piñeiro e ten atribuída titularidade catastral particular en parte da súa extensión. A Comunidade de Montes declara un uso tradicional de secado de peles e que realiza rozas no seu acceso e interior, e presenta certificación do secretario do traballo da cuadrilla nesta parcela. No informe preceptivo consta que está «atravesada por dúas pistas de saca paralelas en desuso… Solo pouco profundo, poboada por rexenerado de eucalipto e piñeiro con pés soltos de carballo, non se observan sinais de uso actual». A Comunidade de Montes presenta copia de escritura de propiedade particular lindeira, na cal se especifica que a citada parcela linda con monte común; e tamén copia de requirimento escrito realizado a un propietario particular que colocou postes no monte coa intención de impedir o acceso a esta parcela veciñal. Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

11. Que a parcela Paradela, de 0,6778 ha de superficie, é un mato arborizado á beira do río e con muíños. Con titularidade catastral particular en parte da superficie. A Comunidade de Montes informa de que tiña un uso tradicional de leña e pastos, pero ao conter varios muíños en recuperación polo Concello de Moaña e en colaboración coa Comunidade de Montes e a Asociación de Veciños, o uso forestal decae a favor do sociorecreativo. Presenta certificación do secretario de que a súa cuadrilla realiza periodicamente labores de limpeza na parcela, con achega fotográfica. O informe do técnico de Montes Veciñais recolle que «está atravesada por pista de saca e ocupa as ladeiras con pendente forte cara ao regueiro que a atravesa; está poboada por fustal de eucalipto con pés de piñeiro e por salgueiros e freixos nas ribeiras. Lindeira con terreo clasificado». Non se considera suficientemente probado o aproveitamento veciñal da parcela.

12. Que a parcela Prado Calvar, de 0,0186 ha, é un terreo a prado cun lavadoiro e unha fonte. A Comunidade de Montes alega que ten un lavadoiro de uso tradicional do común dos veciños e un pequeno terreo ocupado por herbas e fentos rozado por ela, polo que presenta certificación do secretario de que a súa cuadrilla realiza periodicamente ese traballo na parcela. No informe do técnico de Montes Veciñais soamente se fai constar que «é o prado inmediato a un lavadoiro público». Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

13. Que a parcela Prado Palmás, de 0,0043 ha, é un pequeno terreo con lavadoiro e fonte lindeiro con parcela da Comunidade de Montes. Esta informa que o lavadoiro e a fonte son de uso tradicional dos veciños e o terreo é limpado pola propia comunidade, e presenta certificado do secretario nese sentido. O informe preceptivo limítase a facer constar que «é estritamente un lavadoiro público de titularidade catastral municipal». Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

14. Que a parcela Río do Bazo, de 0,0533 ha de superficie, é un terreo dividido es dous anacos, ambos á beira dun regueiro. No anaco maior foron construídos algúns garaxes e ten titularidade catastral particular en parte da superficie. A Comunidade de Montes informa que estas parcelas foron usadas sempre para pastoreo de gando menor e esquilmos, que se manteñen hoxe en día, e alega que «é a propia comunidade a que realiza habitualmente a limpeza da parcela», e presenta certificación do secretario de que a súa cuadrilla da Comunidade de Montes é a que fai estes labores. O informe do Servizo de Montes descríbea como «lindeira con curso de auga, está dividida en dúas subparcelas… A situada máis ao norte está atravesada por camiño de servizo e vía de acceso a garaxes e contén restos dun edificio. Poboado por vexetación ruderal herbácea. A suparcela situada máis ao sur é unha pequena marxe que contén os restos dunha edificación».

Non se considera suficientemente probado o aproveitamento veciñal da parcela.

15. Que a parcela San Lourenzo, de 0,3214 ha de superficie, é un terreo a mato con carballos novos e pés de eucalipto. A Comunidade de Montes declara dedicalo a carballo e toxo, que os veciños utilizan ás veces para obter leña, pastos e esquilmos, mesmo hoxe en día, para o que presentan certificación do secretario de que a cuadrilla da comunidade roza esta parcela. O informe do técnico de Montes Veciñais fai constar que está «unida á estrada por un carreiro e poboada de fustal de eucalipto e pés de carballo». Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

16. Que a parcela Souto, de 0,2487 ha de superficie, é un terreo á beira da estrada dedicada a uso sociorecreativo, con titularidade catastral particular en parte da superficie. A Comunidade declara un uso tradicional de leña, pastos e esquilmos e actualmente uso sociorecreativo. Presenta certificación do secretario de que a cuadrilla da comunidade realiza periodicamente nela labores de limpeza. O informe do técnico do Servizo de Montes preséntaa como «zona axardinada que inclúe un lavadoiro, socalcos e estrada asfaltada que a atravesa, contén tamén mobiliario urbano (bancos, farois). Atravesada por río, poboada por salgueiros, freixos, carballos, bieiteiros, plantación de camelias e céspede. Obsérvase tratamento de mantemento de xardinaría, podas e segas de céspede». Considérase probado o uso veciñal da parcela.

17. Que a parcela Biduído, de 0,9724 ha de superficie, é un mato a piñeiro e eucalipto, con restos de corta e con titularidade catastral particular en parte da superficie. Dividida en tres anacos por estrada asfaltada e camiños públicos. Segundo a Comunidade de Montes, ten un uso tradicional de leña, pastos e esquilmos, con predominio actual de uso forestal e con traballos silvícolas da Comunidade de Montes, que presenta neste sentido certificación do secretario. O informe preceptivo recolle que «está atravesada por dúas estradas e un camiño… Prolóngase ao interior do núcleo rural nun cruzamento de camiños e noiros inmediatos a eles… está poboada por masa mixta de fustais de eucalipto e piñeiro na zona máis ao sur e masa pura de eucaliptos ao norte. É lindeira con monte xa clasificado». Considérase probado o uso veciñal da parcela.

18. Que a parcela Baliela, de 0,7990 ha de superficie, está dividida en dúas subparcelas, separadas por un tramo inutilizado da estrada xeral. A subparcela norte é un pequeno outeiro e a sur unha valgada e parte do aparcadoiro dunha nave. A Comunidade de Montes declara que a subparcela norte está ocupada por eucalipto con matogueira de toxo e a subparcela sur está ocupada actualmente pola Factoría de Fandicosta por arrendamento da Comunidade de Montes. Presenta escritura notarial do 13.3.2000 de arrendamento da parcela á Factoría de Fandicosta e certificación do secretario da comunidade de que a súa cuadrilla limpa regularmente a parcela norte. O informe do técnico do Servizo de Montes describe que está «dividida en dúas subparcelas, a máis ao norte é a marxe entre una curva rectificada da estrada e o seu novo trazado, con afloramento rochoso poboado por monte bravo de eucalipto e dúas acacias. A subparcela máis ao sur sitúase sobre zona industrial, preto do cercado da empresa Fandicosta. Parcialmente poboada por eucalipto e acacia». No Rexistro da propiedade aparece formando parte dunha parcela da Comunidade de Montes de Domaio. Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

19. Que a parcela Regueiriño, de 0,6495 ha de superficie, é unha zona a mato á beira do mar. A Comunidade de Montes informa que actualmente está ocupada en parte pola Factoría de Varaderos Domaio e o acceso a ela por arrendamento da propia comunidade. Presenta escritura notarial do 13.3.2000 de arrendamento da parcela a Factoría Molares Montenegro, con informe favorable da Consellería de Medio Ambiente do 18.2.2000; tamén presenta certificación do secretario da Comunidade de Montes de que a súa cuadrilla roza ás veces a parte da parcela dedicada a mato. O informe do técnico de Montes Veciñais sinala que está «atravesada por vía de acceso á instalación industrial, aparcadoiro asfaltado e carreiro. Situada parcialmente sobre parcela con titularidade catastral de la Comunidade de Montes de Domaio, é lindeira con terreo xa clasificado a esta comunidade. Poboada en parte por latizal-fustal de eucalipto denso con pés de acacia negra». No Rexistro da propiedade aparece formando parte dunha parcela da Comunidade de Montes de Domaio. Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

20. Que a parcela Borna, de 0,8453 ha de superficie, é un mato en costa que baixa á praia do mesmo nome. Ten atribuída a titularidade catastral á Comunidade de Montes de Domaio, que declara na parte alta un aproveitamento forestal de pinus pinaster e eucalipto. Presenta copia do escrito do Concello dirixido á Comunidade en relación con esta parcela solicitando autorización para a instalación de aseos e casetas, así como copia do acordo da Asemblea Xeral da Comunidade de 1986 en que se autoriza a instalación dun quiosco nesta parcela. O informe preceptivo fai constar que «ocupa una parcela con titularidade catastral de la Comunidade de Montes de Domaio. Sobre terreo de forte pendente, poboada por masa clara de eucalipto con pés de piñeiro acacia e zonas abertas de canaval e silveira». No Rexistro da propiedade aparece a nome do Concello de Moaña. Considérase probado o aproveitamento veciñal da parcela.

Xa no remate do prazo de alegacións, a Comunidade de Montes Meira presenta escrito solicitando opoñerse á clasificación desta parcela por ser aproveitada polos veciños de Meira, solicita copia do expediente e a prórroga do período alegacións, que lle é denegado. Non presenta ningunha documentación, soamente alega que a parroquia de Meira chega ata Punta Fondón, o que contradí o recollido no esbozo da carpeta-ficha e na planimetría achegada pola Comunidade de Montes de Domaio.

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios, de xenérica e específica aplicación, o instrutor propón e o xurado acorda por unanimidade dos seus membros:

Clasificar como veciñais en man común a favor dos veciños da CMVMC de Domaio (Moaña) as parcelas denominadas A Cerradiña, Casrregueira, Cruceiro, Fontán Norte, Fontesalgueiro, Laxe da Costa, Liñares-Barreiros, Outeiro da Portela, Prado Calvar, Prado Palmás, San Lourenzo, Souto, Biduído, Baliela, Regueiriño e Borna por reuniren os requisitos exixidos no artigo 1 da Lei 13/1989, de acordo coa descrición reflectida no antecedente de feito terceiro e a planimetría elaborada para o efecto polo Servizo de Montes, que forma parte inseparable da presente resolución, e non clasificar como veciñais en man común as parcelas denominadas A Granxa, Carroque-Pedra Negra, Fontán Sur, Pumariño, Paradela e Río do Bazo, polos motivos anteriormente expostos.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da presente publicación, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


DOG nº148 do 6 de agosto de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s