Subvencións para a rehabilitación e reconstrución de vivendas no rural

A Xunta destinará máis de 1,1 millóns de euros a estas subvencións, que poden acadar o 50 por cento do orzamento

Para ter dereito ás axudas, as vivendas rehabilitadas deberán estar destinadas a residencia habitual e permanente do propietario ou do inquilino no caso alugueiro

viviendas_vaciasSantiago, 24 de agosto de 2015. O prazo de solicitude de axudas para remate de fachadas e cubertas e de rehabilitación ou reconstrución de vivendas no rural, en conxuntos históricos ou nos Camiños de Santiago continúa aberto ata o próximo 12 de setembro.

A Xunta de Galicia, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) destinará máis de 1,1 millóns de euros a ditas subvencións.

Estas subvencións diríxense aos titulares de actuacións de remate de fachadas e cubertas e de rehabilitación ou reconstrución de vivendas emprazadas no ámbito rural, en conxuntos históricos ou nos Camiños de Santiago, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.

Cómpre lembrar que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba o pasado 12 de agosto a correspondente resolución de convocatoria, que se insire nas actuacións previstas no Plan RehaVIta, Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora de acceso á vivenda 2015-2020. Neste enlace pode consultarse a información relativa ás citadas subvencións.

DOG nº152 do 12 de agosto de 2015

Para ter dereito á axuda, as vivendas rehabilitadas deberán estar destinadas a residencia habitual e permanente do propietario ou do inquilino no caso de alugueiro.

Para acceder a estas subvencións as actuacións deben dispoñer de autorización oficial da Xunta de Galicia. O importe da axuda pode acadar o 50% do orzamento que figura na resolución, sen que poida superar o límite máximo de 6.600 euros para as actuacións de remate de fachadas, cubertas e rehabilitación e de 8.600 euros para as obras de reconstrución.

Da contía total de 1.133.706 euros desta convocatoria, 833.706 euros serán destinadas a actuacións no ámbito rural e 300.000 euros ás do ámbito histórico.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s