LEI 6/2015, do 7 de agosto, pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

LEI 6/2015, do 7 de agosto, pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

carretera_A-76Exposición de motivos

A Constitución española, no seu artigo 148.1.5º, establece que as comunidades autónomas poden asumir competencias en materia de estradas cando o seu itinerario se desenvolva integramente no territorio destas. O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.8, atribúelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de estradas non incorporadas á rede do Estado cando o seu itinerario se desenvolva integramente no territorio da Comunidade Autónoma.

A Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, foi aprobada polo Pleno do Parlamento de Galicia na súa sesión plenaria do 25 de xuño de 2013, e foi publicada no Diario Oficial de Galicia número 132, do venres 12 de xullo de 2013, e no Boletín Oficial del Estado número 177, do xoves 25 de xullo de 2013. A súa entrada en vigor produciuse aos tres meses da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Este novo texto legal amosou unha satisfactoria adaptación ás particularidades que presentan as redes de estradas de Galicia, e axilizou, desde a súa entrada en vigor, os mecanismos para a súa planificación, proxección, construción e explotación mediante o uso das innovacións lexislativas que incorpora. Porén, nestes case dous anos de aplicación, detectáronse unha serie de aspectos que, en resumo, constitúen un conxunto de propostas que pretenden acadar os seguintes obxectivos:

– Explotar de modo máis eficiente o dominio público viario, de acordo coas particularidades territoriais da Comunidade Autónoma e mellorando a compatibilidade da protección do dominio público viario e da actividade económica que se apoia nas estradas. Preténdese:

1º. Fomentar o desenvolvemento de normativa técnica propia que optimice e facilite a xestión das estradas galegas; por exemplo, no deseño de accesos, sendas ou firmes adaptados á realidade territorial e física da nosa Comunidade Autónoma.

2º. Facilitar as actividades propias dos concellos (marquesiñas, casetas de información) ou instalacións temporais como terrazas, algo especialmente relevante en travesías con características urbanas.

3º. Protexer mellor o dominio público viario, incluíndo como infracción as verteduras nas beiravías e dificultando a impunidade no caso de infraccións cometidas por persoas xurídicas de modo que se identifican os seus responsables subsidiarios.

– Simplificar e axilizar os procedementos administrativos; por exemplo, na actualización dos catálogos de estradas e inventarios de travesías, fomentando o restablecemento voluntario da realidade física alterada nos procedementos sancionadores, simplificando a regulación da renovación das autorizacións demaniais outorgadas e aumentando o período transitorio de renovación desas autorizacións, cando foren anteriores á entrada en vigor da Lei 8/2013.

– Reforzar a seguridade xurídica para a cidadanía. Para iso, reformúlase ou complétase a redacción dalgúns artigos de modo que o seu sentido sexa máis claro. Isto afecta a definición de termos como «calzada» ou «travesía», para os efectos da aprobación definitiva de proxectos e anteproxectos de estradas, a consideración dos aproveitamentos urbanísticos nos expedientes expropiatorios, os usos autorizables ou a descentralización administrativa na xestión de estradas, entre outros, ademais de propoñerse correccións puramente formais.

Finalmente, e para unha mellor comprensión da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, establécese unha delegación lexislativa para que o Consello da Xunta de Galicia aprobe un texto refundido que incorpore as modificacións realizadas e aclare, regularice e harmonice a terminoloxía e o contido dispositivo daquela.

Por todo o exposto, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13.2 do Estatuto de Autonomía de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, promulgo en nome de El-Rei a Lei pola que se modifica a Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia.

Artigo único. Modificación da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia

(…)


Ver texto completo da Lei: DOG nº153 do 13 de agosto de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s