Aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Parada II (Ordes-A Coruña)

ANUNCIO do 21 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Parada II (Ordes-A Coruña).

 

parcelariaPonse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Parada II (Ordes-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 209/1991, do 13 de xuño (Diario Oficial de Galicia núm. 118, do 21 de xuño), o seguinte:

Primeiro. O 20 de xullo de 2015, o director xeral de Desenvolvemento Rural aprobou o acordo de concentración parcelaria da devandita zona, logo de introducir no proxecto as modificacións oportunas á vista do resultado da enquisa deste último.

Segundo. O acordo de concentración será notificado individualmente a cada un dos afectados e estará exposto ao público no Concello de Ordes e na zona. Os documentos que se poderán examinar refírense aos predios de substitución, onde constan as situacións xurídicas derivadas das parcelas de procedencia, as fichas de atribucións, os planos e outros.

Terceiro. Contra o acordo, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, dentro do prazo de trinta días, contados dende o seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderán presentarse na Xefatura Territorial da Coruña (Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, nº 2), nas oficinas centrais da Consellería en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) ou en calquera das dependencias as que fai referencia o artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Consultar planos concentración parcelaria Xunta de Galicia


DOG nº148 do 6 de agosto de 2015


Noticias relacionadas:

22/07/2015-La Voz de Galicia. El acuerdo de la parcelaria de Parada, en Ordes, se entrega a final de mes

Centos de propietarios asisten á xuntanza informativa da concentración parcelaria Parada II

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s