Inicio do terceiro deslindamento parcial dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios. Concello do Porriño

ANUNCIO do 16 de xullo de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o comezo do terceiro treito do deslindamento (deslindamento parcial, actuación ano 2015) dos montes da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Atios, do concello do Porriño (Pontevedra)

montes_AtiosEn cumprimento da Resolución do 16 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, pola que se autoriza a realización do terceiro treito do deslindamento parcial (actuación ano 2015) dos montes veciñais en man común pertencentes aos veciños de Atios, concello do Porriño, en uso do disposto polo artigo 49 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, que determina o procedemento dos deslindamentos que realice a Administración forestal, acórdase sinalar o día 1 de outubro de 2015, ás 10.00 horas, para o comezo das operacións de apeo de linde deste tramo, que serán efectuadas pola enxeñeira de montes Irene Morales Sanz e fixando como punto de encontro o campo de fútbol de Roupeiro. O deslindamento comezará no piquete 355, situado na parcela catastral 36039A02300420, proseguindo ata alcanzar as do piquete número 1, situado na parcela catastral 36039A02400001. Tamén se deslindarán as superficies clasificadas por Resolución do Xurado de Montes do 15 de decembro de 2004, así como os encravamentos situados dentro do perímetro deslindado.

Emprázanse os estremeiros, os propietarios de encravamentos e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Así mesmo, en cumprimento do disposto pola citada Lei de montes de Galicia, ábrese un prazo de trinta días naturais a partir do seguinte ao da publicación deste edicto, para presentar documentación acreditativa da propiedade do monte ou de parte deste. Para estes efectos só se considerará acreditativa de propiedade a titularidade reflectida nos asentamentos do correspondente Rexistro da Propiedade e, na súa falta, nos certificados de Catastro, deberán presentar a dita documentación dirixida ao Servizo de Montes no Rexistro da Xefatura Territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra (avenida Fernández Ladreda 43, Pontevedra), ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


DOG nº148 do 6 de agosto de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s