O CSIC advirte dos efectos negativos que os retardantes teñen sobre as zonas afectadas polos incendios

27/07/2015-Campogalego.com

Advirten do efecto negativo do uso do polifosfato amónico na loita contra os incendios forestais

incendio_monteO CSIC observa que os efectos dos retardantes de chama nos ecosistemas queimados persisten aos dez anos. Advirten dos efectos negativos do polifosfato amónico

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que en 2002 iniciou en Galicia unha liña de investigación pioneira sobre os efectos dos principais retardantes de chama nos ecosistemas queimados, publica en Science of The Total Environment os resultados do seu impacto a 10 anos, o que constitúe o estudo máis exhaustivo e a máis longo prazo a nivel mundial acerca das consecuencias que sobre o chan e as plantas teñen estes produtos, que potencian os efectos da auga na extinción dun incendio.

Os resultados revelan que o efecto do polifosfato amónico, axente espumante e polímero de acrilamida, visible a curto e medio prazo, se mantén a longo prazo, influíndo en parámetros como a calidade e fertilidade do chan ou o contido en minerais de especies vexetais entre as que figuran determinados tipos de toxos, piñeiros e breixos.

A investigación realizouse en Galicia a través do grupo Bioquímica e Calidade de Chans, do Instituto de Investigacións Agrobiológicas(IIAG), centro do CSIC en Santiago de Compostela que realiza investigación científica e técnica na área agroforestal.

Para iso, os científicos do CSIC tomaron como zona de estudo Tomiño (Pontevedra), onde se extinguiu en 2003 con polifosfato amónico, axente espumante e polímero de acrilamida unha queima experimental tomando en todo momento as debidas precaucións ambientais, seleccionando unha área de baixo interese ecolóxico, queimando só a superficie imprescindible -unhas 20 parcelas de 500 m2 en total- e evitando a tempada de cría da fauna silvestre.

Tras a queima, recolléronse periodicamente máis de 140 mostras de chans e 200 de seis especies vexetais (Pinus pinaster, Ericaumbellata, Genista triacanthos, Pterospatum tridentatum, Ulexmicranthus, Ulex europaeus) que, posteriormente, se analizaron nos laboratorios do IIAG.

Os retardantes de chama: evolución do seu impacto a 1 anos, 5 anos e 10 anos

En 2002 o grupo de grupo Bioquímica e Calidade de Chans do CSICdeseñou unha
investigación para estudar a curto, medio e longo prazo os efectos dos retardantes de chama tanto no chan coma nos nutrientes das plantas e na rexeneración e crecemento da matogueira e piñeiros nunha zona de Galicia.

En 2002 o CSIC iniciou o estudo, que se desenvolveu neste tempo no marco dos proxectos de investigación “Influencia dos axentes extintores e retardantes de chama, empregados no combate dos incendios forestais, sobre a restauración posterior do ecosistema”, financiado polo Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía con fondos da Unión Europea, e “Avaliación de técnicas de protección de chans e revexetación para restaurar ecosistemas forestais queimados”, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade.

“Sabiamos que os incendios forestais teñen efectos sobre as características físicoquímicas do chan, a materia orgánica e os nutrientes, os microorganismos e a vexetación, pero, a raíz do emprego frecuente dos retardantes na extinción, se fixo necesario, ademais, coñecer co maior detalle posible e a diferentes intervalos de tempo a súa toxicidade e impacto ecolóxico”, explica SerafínGonzález Prieto, investigador científico do CSIC no IIAG.

En 2006 e 2008, os científicos do CSIC publicaron os primeiros resultados acerca do impacto dos retardantes de chama a curto prazo, é dicir, entre 1 día e 1 ano despois da súa aplicación.

Niveis tóxicos para a xerminación de plantas

Neste estudo observouse que os efectos do escumante e do polímero de acrilamida non eran moi relevantes na dispoñibilidade de nutrientes do chan, algo que si pasaba co polifosfato amónico, produto que aumentaba a concentración de fósforo e amonio ata niveis tóxicos para a xerminación das plantas.

En 2011 os científicos do CSIC ampliaron o estudo cos resultados a medio prazo. “O escumante seguía sendo cinco anos despois da súa aplicación o retardante de chama que menos impacto tiña no chan e a vexetación. O polímero de acrilamida provocaba unha maior mortaldade en piñeiros (aínda que os datos non eran concluíntes) e o uso do polifosfato amónico tiña efectos fertilizantes no chan e efectos negativos sobre as especies de matogueira que unha vez queimadas non rexermolan de cepa senón que dependen da xerminación das sementes”, indica Serafín González Prieto.

Coa publicación do artigo no número 515-516 de Science of the Total Environment, dispoñible online na páxina web da revista, os científicos dan por concluído, polo momento, a investigación iniciada en 2002.

“Agora xa sabemos os efectos destes produtos a longo prazo. En xeral, cabe destacar que o seu impacto persiste no polifosfato amónico e non é moi destacable no caso do escumante e o polímero de acrilamida. No caso do polifosfato amónico, hai niveis elevados de nitróxeno e fósforo no chan, o que beneficia a unhas especies de matogueira e prexudica a outras; ademais, nos piñeiros provoca un crecemento desequilibrado entre a copa e as raíces, a consecuencia do cal un terzo destes foi tombado polo vento,” destacan os científicos do CSIC.

Sobre a base destes resultados e ante a crecente incorporación de axentes extintores e retardantes de chama nas tecnoloxías de combate dos incendios forestais, os científicos do CSIC suxiren ter ben presente que estes compostos teñen repercusións persistentes sobre os chans e a vexetación. Por iso, inciden na importancia de que os responsables dos programas de extinción de incendios teñan en conta os argumentos científicos que hai en torno aos efectos dos axentes extintores na toma de decisións acerca de como, cando e onde empregar os devanditos compostos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s