O Ministerio de Agricultura aplicará desgravacións fiscais, créditos e formación gratuíta para incorporar os mozos ao campo

16/07/2015-Campogalego.com

O Ministerio de Agricultura márcase como obxectivo lograr que 15.000 mozos se incorporen á actividade agraria e gandeira antes de 2020

ministerio_mministerio_medio_ambiente_logoedio_ambiente_logoA ministra de Agricultura, Alimentación e Medioambiente, Isabel García Tejerina,  explicou hoxe que o Ministerio está a traballar, en colaboración coas Comunidades Autónomas, para que os mozos teñan acceso ao crédito en condicións especialmente vantaxosas, e conten cunha desgravación fiscal durante os cinco primeiros anos.

Así anunciouno nas declaracións aos medios de comunicación, tras a súa participación na III edición do curso Prensa e Poder sobre Emprego, Progreso e Sostibilidade na España Rural, que tivo lugar hoxe en Aranda de Douro (Burgos).

Formación gratuíta e desgravación de impostos nos 5 primeiros anos

Dentro dese paquete de axudas, García Tejerina destacou que se avalará o investimento na instalación de novas explotacións tanto de agricultores coma de gandeiros. Neste paquete considérase tamén unha desgravación de impostos nos cinco primeiros anos das novas explotacións e formación e asesoramento gratuíto para mozos recén incorporados ou que vaian incorporarse ao sector.

“Este relevo xeracional, indicou García Tejerina, está tamén apoiado pola PAC, en cuxo marco se destinan 100 millóns especificamente para os mozos,”. Neste sentido, destacou que se contempla que aqueles mozos que non teñan dereitos de plantación dentro da PAC, poidan acceder con carácter prioritario e gratuíto á reserva nacional.

O obxectivo do MAGRAMA é lograr que 15.000 mozos se incorporen á actividade agraria e gandeira antes de 2020.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s