Aprobación definitiva parcial do PXOM de Coristanco (A Coruña)

Este documento servirá como folla de ruta para o desenvolvemento económico e social sustentable deste municipio nos vindeiros 16 anos

O municipio deberá introducir no documento unha serie de correccións solicitadas pola Xunta e tras a súa aprobación plenaria, o texto elevarase de novo ante a Consellería de Medio Ambiente e aprobarase definitivamente

A Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo concedeulle ao Concello de Coristanco unha axuda por un importe de preto de 140.000 para a redacción e tramitación do PXOM

concello_CoristancoA Xunta de Galicia outorga a aprobación definitiva parcial ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Coristanco, na provincia da Coruña. Así llo trasladou hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, ao alcalde de Coristanco, Amancio Lavandeira Suárez, durante unha xuntanza de traballo celebrada esta mañá en San Caetano, na que tamén estivo presente a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas.

O novo planeamento substitúe ao Plan Xeral de ordenación Municipal de 2000, dotándose así o concello dunha ferramenta de ordenación do territorio. Este documento servirá como folla de ruta para posibilitar o desenvolvemento económico e social sustentable deste municipio nos vindeiros 16 anos.

Esta aprobación do PXOM queda condicionada á incorporación no documento dunha serie de correccións por parte do Concello de Coristanco. Unha vez introducidas estas concrecións, e tras a súa aprobación plenaria, o texto elevarase de novo ante a Consellería de Medio Ambiente para certificar a súa aprobación definitiva.

Tanto a conselleira de Medio Ambiente como a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo ofreceron a súa colaboración técnica co fin de subsanar os pequenos detalles que debe correxir o Concello.

O PXOM recolle 217 asentamentos no rural, dos cales 121 son de tipo histórico ou tradicional e os 96 restantes sonde tipo común.

Neste documento predomina o solo rústico, que supón o 94,61% da superficie total do concello, facéndose especial fincapé nos espazos forestais e agropecuarios, un aspecto destacable tendo en conta que o sector primario é fundamental neste municipio.

No seguinte cadro amósanse os tipos de solo coas súas correspondentes superficies.

SOLO
SUPERFICIE
%
TOTAL CONCELLO
 141,3 km²

100,00 %

SOLO RÚSTICO
 133,69 km²
 94,61 %
PROTEXIDO
 133,57 km²
 94,53 %
    Paisaxística
 7,92 km²
 5,61 %
    Forestal
 57,31 km²
40,56 %
    Espazos Naturais
 12,18 km²
 8,62 %
    Agropecuario
 32,47 km²
22,98 %
    Augas
 17,26 km²
 12,22 %
    Infraestruturas
 6,24 km²
 4,42 %
    Patrimonio
 0,19 km²
 0,13 %
ORDINARIO
 0,12 km²
0,08 %
SOLO DE NÚCLEO RURAL
 5,98 km²
 4,23 %
SOLO URBANIZABLE
 0,51 km²
0,36 %
DELIMITADO INDUSTRIAL
 0,17 km²
 0,12 %
DELIMITADO RESIDENCIAL
 0,12 km²
 0,08 %
DELIMITADO TERCIARIO
0,05 km²
0,04 %
NON DELIMITADO RESIDENCIAL
 0,17 km²
 0,12 %
SOLO URBANO
 1,13 km²
 0,80 %
CONSOLIDADO
 1,09 km²
 0,77 %
NO CONSOLIDADO
0,04 km²
 0,03 %
 

Coordinación
Cómpre lembrar que a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo mantivo varias reunións con representantes deste municipio así como co equipo redactor do PXOM para acadar a aprobación deste documento urbanístico. Neste sentido, dende a Xunta destácase a importancia da coordinación e colaboración entre as distintas Administracións á hora de introducir melloras nos concellos galegos.

O Goberno galego colabora de xeito técnico e financeiro cos municipios galegos para dotalos de planeamento urbanístico e no caso do Concello de Coristanco, a Xunta realizou un investimento de 140.000 euros en concepto de axuda para a redacción e tramitación do PXOM.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s