Aprobación definitiva da delimitación do núcleo rural de Paizal (Concello de Dodro, A Coruña)

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan especial de ordenación do núcleo rural de Paizal (Concello de Dodro, A Coruña)

mapa_Dodro_GaliciaMediante Acordo do Pleno, do día 4 de xuño de 2015, en sesión extraordinaria aprobouse definitivamente o Plan especial de ordenación do núcleo rural de Paizal, o que se publica para os efectos do artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

1. Aprobación definitiva, se procede, do Plan especial de ordenación do núcleo rural de Paizal.

O alcalde en funcións, Sr. Alfonsín, dá lectura ao Pleno do informe/proposta de Secretaría:

Informe de Secretaría:

En relación co expediente relativo ao Plan especial de ordenación do núcleo rural de Paizal, en cumprimento de providencia da Alcaldía do 26 de maio, emito o seguinte informe-proposta de resolución, de conformidade co establecido no artigo 175 do Real decreto 2568/1986, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, con base nos seguintes

Antecedentes de feito:

1º. O Plan especial de ordenación do núcleo rural de Paizal, cuxa finalidade é emendar erros na actual cartografía, actualizar a definición da vía existente e revisar as aliñacións da rede viaria no núcleo de Paizal, aprobouse inicialmente en Xunta de Goberno Local o día 5 de novembro de 2014.

2º. Con data do 24 de marzo de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 56), e sométese a información pública polo prazo dun mes, e con data do 25 de marzo nos xornais La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

3º. Así mesmo, notificóuselles o trámite de información pública aos propietarios dos terreos afectados para os efectos de que presentasen as alegacións pertinentes.

4º. Requiríronse e constan os informes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas –Augas de Galicia–, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria –Dirección Xeral de Patrimonio Cultural– e de innecesariedade de someterse o procedemento de avaliación ambiental estratéxica da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

5º. Durante o período de información pública non se presentaron alegacións, do cal consta certificado de Secretaría no expediente.

Lexislación aplicable:

– A lexislación aplicable vén determinada polos artigos 68 a 72, 77, 83, 84, 86 e 89 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

– Os artigos 21.1.j) e 22.2.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e a correspondente lexislación sectorial.

Visto canto antecede, considérase que o expediente seguiu a tramitación establecida na lexislación que lle é de aplicación, polo que se procede á súa aprobación, de conformidade co artigo 175 do Real decreto 2568/1986, e a que subscribe eleva a seguinte proposta de resolución:

1º. Aprobar definitivamente o Plan especial de ordenación do núcleo rural de Paizal, redactado polo arquitecto de Estudio Técnico Gallego, S.A., Isidro López Yáñez.

2º. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos establecidos no artigo 92.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, publicación que se deberá realizar no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva.

Igualmente, publicarase a aprobación definitiva, xunto coa normativa do plan especial, no Boletín Oficial da provincia da Coruña, en virtude do establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro.

3º. Comunicar o acordo de aprobación definitiva, en cumprimento do artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para os efectos oportunos, á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio, xuntando copia autenticada do plan especial aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que integran o plan aprobado, debidamente dilixenciado polo/a secretario/a do concello.

Non obstante, a Alcaldía acordará o que considere pertinente.

Dodro, 28 de maio de 2015

Mª de las Mercedes Fondevila Jaraíz
Secretaria-interventora

Sometida a votación a aprobación definitiva do Plan especial de ordenación do núcleo rural de Paizal, obtense o seguinte resultado:

Votos a favor: seis (6), que lles corresponden aos Sres. Alfonsín, Rodríguez e Núñez e ás Sras. Boga, Fernández e Codesido, do PP.

Votos en contra: ningún (0).

Abstencións: ningún (0).

Consecuentemente, o Pleno corporativo acorda, por maioría absoluta, a aprobación definitiva do Plan especial de ordenación do núcleo rural de Paizal.

Contra este acordo, en aplicación do artigo 107.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e dado que aproba unha disposición xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, con sede na Coruña, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere máis conveniente ao seu dereito.


DOG nº139 do 24 de xullo de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s