Os topógrafos de Pontevedra celebraron as súas xornadas técnico-profesionais

metrominuto_pontevedraO pasado mes de xuño, o Colexio Oficial de Enxeñeiros en Xeomática e Topografía celebrou no Pazo da Cultura de Pontevedra as súas xornadas técnico-profesionais nas que falaron do “Metrominuto”.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, inaugurou o acto e a continuación tivo lugar o primeiro relatorio do responsable de Comunicación do Concello de Pontevedra, Antón Prieto, autor do metrominuto, quen explicou os pormenores deste plano de metro peonil para Pontevedra.

O plano, copiado e repetido por todo o mundo, adopta o esquema convencional dos mapas de metro, representando o tempo e a distancia de viaxe aos puntos máis importantes da cidade. Para iso, toma como punto de referencia a Praza Peregrina e realiza os cálculos adoptando unha velocidade media de 5 km/h. Esta iniciativa gañou o premio europeo da mobilidade e o premio Intermodes.

Pero ademais os topógrafos tamén falaron de tecnoloxía xeoespacial e avanzaron o plan estratéxico do seu Colexio profesional para o período 2015/2016.

As xornadas incluiron distintas exposicións e mesmo concursos para os convidados, así como unha visita guiada polo casco histórico de Pontevedra.

PROFESIÓN CON FUTURO

Dado que a tecnoloxía Xeomática é cada vez máis demandada en diferentes sectores, estes profesionais percibiron un aumento significativo das ofertas de traballo relacionadas e todo indica que a tendencia seguirá así os próximos anos.

O estudo “Inserción laboral dos estudantes universitarios” elaborado polo Ministerio de Educación Cultura e Deporte, desvela que actualmente, a Enxeñaría Técnica en Topografía presenta unha taxa de afiliciación á Seguridade Social do 55,3% e a Enxeñaría en Xeodesia e Cartografía do 57,7%. Na actualidade, ambas as dúas titulacións aglutínanse baixo o nome de Enxeñaría Xeomática.

A porcentaxe de empregabilidade en postos relacionados directamente coa formación é do 71,1%.

O informe destaca tamén que os egresados en Enxeñaría Xeomática, teñen tamén, en termos xerais, unhas condicións laborais saneadas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s