A revisión do catastro sube o IBI a 758 veciños de Ribadavia (Ourense)

casco_historico_Ribadavia17/07/2015-La Región

O grupo municipal do BNG instou ó Concello de Ribadavia a actuar coma un asesor dos veciños afectados pola revisión catastral e pola conseguinte subida do IBI (Imposto de Bens Inmobles) ante a Dirección Xeral do Catastro, pondo a disposición os seus medios para os recursos pertinentes. A revisión afecta a un total de 758 contribuíntes, para quen en numerosos casos se duplica e mesmo se triplica dito imposto. A esto hai que engadir o cobro de recibos de IBI con carácter retroactivo de ata catro anos, esixindo a diferenza entre as anteriores contías e as revisadas.

O BNG rematou onte a rolda de asembleas veciñais iniciada o pasado día 14 para recoller as inquietudes da cidadanía e constata que as propiedades máis afectadas son as vivendas unifamiliares e que “en moitos casos se sobrevaloran inmobles en propiedade na maior parte dos casos de persoas da terceira idade”, sinalan os nacionalistas.

O BNG asegurou que existe unha gran preocupación por esta subida, xa que “se sobrevaloran propiedades como galiñeiros ou palleiros”, polo que reclama ó Concello que asesore ós afectados á hora de tramitar as reclamacións.


Noticias relacionadas:
30/07/2015-La Región “Los vecinos de Ribadavia podrán pagar el IBI a plazos”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s