Aprobación definitiva da modificación puntual do PXOM que permite desenvolver un polígono industrial no concello da Cañiza

DECRETO 99/2015, do 2 de xullo, de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza, no antigo mercado gandeiro.

concello_A_Cañiza1. O Concello da Cañiza eleva, para a súa aprobación definitiva, o expediente da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal, no ámbito do antigo mercado gandeiro, de conformidade co previsto no artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

2. O concello da Cañiza conta cun PXOM aprobado definitivamente o 27.6.2003.

3. A modificación puntual ten por obxecto reclasificar como solo urbanizable delimitado industrial-terciario con ordenación detallada, un ámbito de 51.894 m2 na periferia da capitalidade do concello da Cañiza, clasificado no PXOM, parcialmente como solo urbano de sistema xeral de equipamentos de servizos e de espazos libres e zonas verdes; e, no resto, como solo rústico de protección ordinaria e de protección de infraestruturas pola presenza da A-52 e a súa vía de conexión coa N-120.

4. A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu decisión do 24.10.2012 sobre a non necesidade de sometemento a avaliación ambiental estratéxica da MP.

5. Constan informes municipais: técnicos do 12.12.2012 e de 21.3.2013; e xurídicos do 12.12.2012, 20.3.2013 e 28.10.2014.

6. A modificación puntual foi aprobada inicialmente polo Concello en pleno en sesión do 30.8.2013. Foi sometida a información pública mediante anuncios nos xornais Atlántico e La Voz de Galicia do 17.9.2013 e no DOG do 4.10.2013. Deuse audiencia aos concellos limítrofes.

7. No expediente administrativo municipal constan os seguintes informes sectoriais:

– Confederación Hidrográfica do Miño-Sil do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, informes do 8.10.2012, 3.2.2014, 18.7.2014 e 24.10.2014 (favorable condicionado).

– Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do 31.1.2013.

– Servizo de Infraestruturas Agrarias da Consellería do Medio Rural e do Mar do 10.10.2013.

– Deputación de Pontevedra do 2.4.2014.

– Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes do 29.11.2013.

– Dirección Xeral do Patrimonio Cultural do 1.7.2014.

– Dirección General de Telecomunicacións e Tecnoloxías de la Información do 4.2.2015.

8. A modificación puntual foi aprobada provisionalmente polo Concello Pleno o 31.10.2014.

9. O interese público da actuación, exixido no artigo 94.1 da LOUG, xustifícase pola implantación de usos produtivos necesarios, incorporando actividades económicas. Constan emendadas ou xustificadas as consideracións incluídas no informe previo á aprobación inicial da MP.

10. A modificación puntual dá lugar a un solo urbanizable delimitado industrial-terciario e desenvolve outros usos, dotacional e de zonas verdes, co obxecto de pór en valor unha área degradada polo cesamento da actividade do mercado de gando. O equipamento e zonas verdes de sistema xeral trasládanse en contigüidade a unha zona dotacional existente, máis próxima ao centro da capitalidade. A súa nova situación cumpre as determinacións establecidas no artigo 165 da LOUG, de accesibilidade e funcionalidade.

11. O solo rústico de protección de infraestruturas que se propón reclasificar a urbanizable, está situado fóra da liña límite de edificación da A-52 e da conexión coa N-120.

12. En cumprimento dos artigos 94.4 e 95.2 da LOUG, dado que a modificación afecta terreos cualificados como zonas verdes ou espazos libres públicos; e reclasifica solo rústico en urbanizable, solicitase o preceptivo informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo na súa sesión do 17 de xuño de 2015.

De conformidade co disposto no artigo 95.4 da LOUG, a competencia para a aprobación definitiva das modificacións de planeamento que teñan por obxecto a reclasificación de solo rústico de especial protección, correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia.

Visto canto antecede, de acordo co disposto nos artigos 85.7 e 95.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia; e no artigo 37 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e co informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia de 17.6.2015, así como por proposta da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dous de xullo de dous mil quince,

DISPOÑO:

Artigo único. Aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Cañiza, no antigo mercado gandeiro, para os efectos do previsto no artigo 95.2 e 95.4 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Disposición derradeira. Recursos: segundo o disposto no artigo 85.11 da citada Lei 9/2002, contra este decreto non cabe recurso en vía administrativa; non obstante, contra ela poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.


DOG nº133 do 16 de xullo de 2015


Noticias relacionadas:

05/11/2014-Topografiarural. “El ayuntamiento de A Cañiza (Pontevedra) aprueba definitivamente la modificación puntual del PXOM en la zona del Antiguo Mercado”

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s