Levantamento de actas previo á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras para a reparación de desprendementos no Corredor do Morrazo

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2015, do Servizo de Infraestruturas de Pontevedra, pola que se sinalan as datas, as horas e os lugares para o levantamento das actas de constatación dos bens ocupados e dereitos afectados polas obras, declaradas de emerxencia, para a reparación de desprendementos na CG-4.1 Rande-Alto da Portela, p.q. 11+700 e 12+700 (clave PO/14/027.02).

desprendimientos_corredor_morrazoO artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu ordinal 2º a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

A través do Decreto 114/2014, do 4 de setembro, (DOG núm. 180, do 22 de setembro), a Xunta de Galicia declara a utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras, declaradas previamente de emerxencia pola Axencia Galega de infraestruturas o 25 de marzo, para a reparación dos citados desprendementos.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu regulamento, este servizo, en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da citada lei, resolve convocar os titulares dos bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Moaña e Cangas para que comparezan nos lugares, nas datas e nas horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas de constatación dos bens ocupados e dereitos afectados polas mencionadas obras.

Termo municipal de Moaña.

Lugar: Casa do Concello de Moaña.

Data: 14 de xullo de 2015, das 9.00 ás 11.00 horas.

Termo municipal de Cangas.

Lugar: Casa do Concello de Cangas.

Data: 14 de xullo de 2015, das 12.00 ás 13.30 horas.

A relación de titulares, cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes, estarán expostos nos concellos de Moaña e Cangas e no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (avda. Fernández Ladreda, 43, 1º).

A ese acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, e achegar os documentos acreditativos da súa titularidade, o documento nacional de identidade e, o último recibo da contribución, e poden facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.


DOG nº131 do 14 de xullo de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s