A mobilidade de terras de Galicia

26/06/2015-Campogalego.com

sector_agrogandeiroUn informe do Laboratorio do Territorio (Universidade de Santiago) dá conta dunha escasa transferencia de superficie agraria, que vai unida ademais a altos prezos. O problema da perda de terras agrícolas chega de novo ó Parlamento

Boa parte da superficie das explotacións agrogandeiras que deixan a actividade pérdese para a agricultura, maiormente porque se forestan ou quedan abandonadas. En Galicia, a superficie agraria útil reduciuse nunha cuarta parte nos últimos 30 anos, un proceso que non conseguiu frear a posta en marcha do Banco de Terras. Un informe do Laboratorio do Territorio analiza a mobilidade de terras en Galicia e conclúe que é dez veces inferior á francesa ou á italiana. O Parlamento de Galicia volveu debatir onte sobre como poñerlle freo á perda de terras agrícolas.

O aproveitamento da terra en Galicia preséntase como un problema complexo. O debate político e do sector agrario parte da base de que cómpre que a superficie agrícola das explotacións que abandonan sexa transferida a agricultores e gandeiros activos, ben vía arrendamento, ben vía venda. Sen embargo, esa mobilidade das terras estase a dar de xeito moi reducido.

O grao de transferencias de parcelas presenta unha gran diversidade. En Pontevedra e Ourense, a mobilidade é menor

O informe ‘Propiedade, mobilidade de terras e valorización territorial’, elaborado polo Laboratorio do Territorio (Universidade de Santiago), conclúe que en Galicia só hai unha taxa de transferencia da superficie agraria do 0,10% ano, dez veces inferior á taxa francesa ou italiana. O problema, a maiores, vai unido a altos prezos medios de 1,5 euros por metro cadrado en caso de venda, unha cotización lixeiramente superior á media española e equiparable á de Reino Unido ou Dinamarca.

Entramentres, a perda de superficie agraria útil (SAU) en Galicia non para. Se no periodo 1985-2005 se reduciu en 145.000 hectáreas, desde aquela ata hoxe perdéronse arredor de 120.000 hectáreas.

Debate no Parlamento
O problema da falta de SAU volveu onte ó debate parlamentario, tras a recente aprobación da Lei de Mellora da Estrutura Agraria de Galicia. Desde a oposición enténdese que a aprobación de leis ou instrumentos como o Banco de Terras son insuficientes se non van acompañados de recursos e medios. O Bloque presentou unha proposición non de lei pola que demandaba unha actitude máis proactiva da Xunta na mobilización de terras e tamén apuntaba a posibilidade dunha lei que ordenase os usos da terra na comunidade.

A proposta da deputada nacionalista Tareixa Paz foi apoiada polos outros grupos da oposición, Alternativa Galega de Esquerda e PSdeG. “Este é un problema complexo que non se soluciona con leis”, valorou o deputado socialista Pablo García. “Hai multitude de casos de terras agrarias que se abandonan e que se plantan con eucaliptos, mesmo preto das aldeas, sen que se faga nada para evitalo, a pesar de estar prohibido”, criticou García, unha queixa compartida polos outros grupos.

“Saben de sobra que a permisividade da forestación de terras agrarias non é certa” (Isabel García, grupo popular)

O grupo popular, sen embargo, entende que as medidas en vigor, coma o Banco de Terras ou a Lei de Mellora da Estrutura Agraria, son suficientes. “As actuacións que demandan xa se están a realizar”, sostivo a deputada Isabel García. “Saben de sobra que a permisividade da forestación en terras agrarias non é certa. Estamos tramitando sancións e expedientes día a día”, asegurou. Os datos de Medio Rural indican que a Consellería puxo 44 sancións ó ano por forestación de terras agrarias desde o 2009, se ben desde o sector agrario advírtese de que a Administración só actúa cando hai denuncias previas, pero non de oficio.

Diferenzas por comarcas

A mobilidade de superficie agraria en Galicia preséntase en xeral baixa, aínda que existen escenarios diversos dentro de Galicia. O documento ‘Propiedade, mobilidade de terras e valorización territorial’, elaborado polo Laboratorio do Territorio (USC) en colaboración coa Fundación Juana de Vega e co Banco de Terras, revela que hai grandes diferenzas entre as distintas comarcas. Nas provincias do norte, A Coruña e Lugo, as transaccións son moito maiores que en Ourense e Pontevedra.

O informe do Laboratorio do Territorio (USC) suxire a creación de unidades comarcais do Banco de Terras

O maior nivel de mobilidade está asociado a comarcas cun sector agrario potente, en tanto aquelas con maior absentismo e maior parcelación, rexistran menos transaccións. En canto ós prezos, nun marco de prezos elevados, as cotizacións máis baixas rexistráronse en Lugo e as máis altas nas Rías Baixas e no entorno das sete grandes cidades, en parte por posibles expectativas de urbanización.

Recomendacións para a mellora da mobilidade
O informe do Laboratorio do Territorio, concluido a finais do pasado ano, tamén fai unha serie de recomendacións para a mellora da mobilidade de terras. A maioría das accións que propón o documento apuntan na dirección do potenciamento do Banco de Terras, un organismo para o que mesmo se suxire a creación de unidades territoriais a nivel comarcal -apoiándose en organismos xa existentes-, dada a particularidade de problemas que se dá en cada comarca.

Entre as accións propostas polo documento, figuran as seguintes:

  • Caracterizar a aptitude productiva da terra agraria e o seu estado actual, especialmente aquela infrautilizada. Trátase de aflorar o “capital morto”.
  • Aumento e reforzo dos servizos de intermediación no mercado de terras rústicas. Débese mellorar a información sobre a oferta e a súa difusión ós posibles interesados.
  • Promoción de servizos de asesoramento específicos para os novos emprendedores agrarios que compaxinen búsqueda de terras co apoio ó desenvolvemento do plan de negocio agrogandeiro ou agroalimentario.
  • Potenciar instrumentos como as permutas ou a reorganización de usos. Son accións que permiten superar en parte algunhas limitacións estruturais (como tamaño e forma da parcela) sen acometer grandes procesos de reforma.
  • Abordar os conflictos por concorrencia de usos en terras rústicas, en especial nas zonas de maior demanda e nas de maior aptitude produtiva, onde en ocasións os usos forestais e urbanísticos compiten co agrario.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s