Aprobación definitiva da delimitación do núcleo das Quintás (Concello de Maside, Ourense)

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, sobre aprobación definitiva da modificación das normas subsidiarias de planeamento do concello de Maside na delimitación do núcleo das Quintás.

nucleo_Quintas_MasideO Concello de Maside eleva para a súa aprobación definitiva o expediente da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento na delimitación do núcleo rural das Quintás, de conformidade co previsto no artigo 85.7 da LOUG, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Unha vez analizado o expediente remitido e vista a proposta subscrita pola Subdirección Xeral de Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes.

1. O Concello de Maside conta cunhas normas subsidiarias de planeamento aprobadas definitivamente o 29.10.1985, que foron obxecto de dúas modificacións puntuais.

2. Sobre a presente modificación puntual constan os preceptivos informes municipais técnico, do 29.9.2012, e xurídico, do 19.10.2012.

3. En relación coas consultas da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre o documento de inicio da avaliación ambiental estratéxica, constan o informe de Augas de Galicia, do 24.7.2012, e alegacións da Cámara Oficial Mineira de Galicia.

4. No DOG do 12.9.2012 publícase o Anuncio do 1.8.2012 da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental polo que se fai pública a Decisión do 31.7.2012, de non someter a avaliación ambiental estratéxica a modificación puntual.

5. No 14.11.2012, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, emitiu o informe previo á aprobación inicial da modificación puntual, conforme o previsto no artigo 85.1 da LOUG, recollendo unha serie de observacións que se debían cumprir.

6. O Pleno do Concello, en sesión do 28.11.2012, aprobou inicialmente a modificación puntual e someteuna a información pública durante dous meses, mediante anuncios nos xornais La Voz de Galicia e La Región do 7.12.2012 e no DOG do 26.12.2012. No mesmo prazo, deuse audiencia aos concellos limítrofes de Amoeiro, O Carballiño, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea.

7. En cumprimento da lexislación sectorial vixente, solicitáronse os seguintes informes:

a) En materia de augas, informes da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil de datas 14.3.2013 e 2.1.2014 (favorable).

b) En relación co patrimonio cultural, informes da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural do 12.6.2013, 26.2.2014 e 3.6.2014 (favorable).

c) Informe do 16.6.2014, da Xefatura do Servizo de Enerxía e Minas sobre os dereitos mineiros existentes que afectan o devandito núcleo rural.

8. O Concello Pleno do 22.8.2014 aprobou provisoria a modificación puntual.

II. Análise e consideracións.

1. O ámbito abrangue unha zona que nas NSP municipais vixentes se recolle como solo de núcleo rural das Quintás e como solo non urbanizable (rústico na LOUG).

2. O obxecto da modificación consiste na delimitación e ordenación do núcleo rural das Quintás para a súa adaptación á Lei 2/2010, do 25 de marzo, de medidas urxentes de modificación da Lei 9/2002, conforme o establecido na alínea e) da disposición transitoria primeira da LOUG, na procura de recoñecer a realidade construída no asentamento, axustándose así ao establecido no artigo 94.1 da LOUG.

3. Delimítase como núcleo rural complexo, cunha zona de núcleo histórico tradicional, de 44.746 m2 de superficie, e a de núcleo rural común, de 20.803 m2, conforme o establecido no artigo 13 da LOUG e no punto 3.1.7 das determinacións das DOT.

4. O asentamento histórico tradicional está constituído por 51 edificacións, cunha consolidación edificatoria dun 59,90 %, segundo o cálculo numérico ou simplificado; e a zona común do núcleo, por 8 edificacións, cunha consolidación do 33,30 %.

5. O documento fixa as condicións de uso e de edificación, define o trazado viario e identifica vinteoito elementos de valor cultural (a igrexa e o seu adro con cruceiro, un lavadoiro, catorce hórreos, seis vivendas e seis valos de parcelas), varias zonas verdes no núcleo histórico-tradicional e un equipamento existente, a igrexa de San Mamede.

De acordo co punto 2 da disposición adicional segunda da LOUG, e co artigo 12.1.b) do Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos expedientes de delimitación de solo de núcleos rurais corresponde á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

III. Resolución.

Visto canto antecede,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente o proxecto de delimitación do solo de núcleo rural complexo das Quintás, parroquia de San Mamede de Rañestres, no concello de Maside.

2. Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. Notifíquese ao concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.


DOG nº125 do 6 de xullo de 2015


BOP de Ourense nº165 do 20 de xullo de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s