Inicio da clasificación do monte de Penaboa, parroquia de Furco (Concello de Carballo, Lugo)

ANUNCIO do 16 de xuño de 2015, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación dun expediente de clasificación de montes desta provincia (expediente 2/2015).

concello_CarballoPerante este xurado provincial de montes veciñais en man común tramítase o expediente de clasificación do monte coas seguintes características:

Expediente: 2/2015.

Denominación: de Penaboa (ampliación).

Comunidade propietaria: veciños/as do lugar de Penaboa.

Parroquia: Furco.

Concello: Carballedo.

Superficie: 14,55 hectáreas.

Estremas:

Norte: polígono 148, parcela 97.

Leste: polígono 1, parcelas 35, 36, 50, 9, 8, 7, 6, 5, 11, 22 e 23.

Sur: polígono 1, parcelas 24, 25, 26, 27, 28, 29, 30 e 31.

Oeste: polígono 1, parcela 1 (MVMC de Penaboa).

Enclaves: polígono 1, parcelas 2, 3 e 4.

En virtude do acordado polo xurado na sesión do 26 de febreiro de 2015 e en cumprimento da orde do instrutor, conforme o disposto na Lei 13/1989, do 10 de outubro de 1989, de montes veciñais en man común (MVMC), por este anuncio faise pública a iniciación do expediente para a posible clasificación do monte indicado.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a aquelas persoas, organismos ou corporacións que resulten interesadas a posibilidade de compareceren e interviren no expediente iniciado e formularen, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE) cantas alegacións coiden oportunas en defensa dos dereitos que crean que os asisten e de achegaren, de ser o caso, a documentación que consideren conveniente ao respecto.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da Lei de MVMC, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.


DOG nº123 do 2 de xullo de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s