Información pública do proxecto de aproveitamento dunha canteira no Concello de Quiroga (Lugo)

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública o proxecto de aproveitamento e o plan de restauración da canteira La Ilusión fracción primeira, número 5356.1 de Lugo, no concello de Quiroga, promovido pola entidade Porredo, S.L.

cantera_GaliciaPara os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e en cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese a información pública a solicitude para o aproveitamento de recursos da sección C) e o plan de restauración do proxecto La Ilusión fracción primeira número 5356.1, situada no termo municipal de Quiroga (Lugo) e promovido pola entidade Porredo, S.L.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto de aproveitamento e o plan de restauración atópase dispoñible ao público, para a súa consulta, no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo e no portal da dita consellería (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe/a territorial, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.


DOG nº121 do 30 de xuño de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s