Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Lérez

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2015, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se aproba o Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Lérez para o ano 2015.

mapa_pesca_anguiaAntecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 19 de xaneiro de 2015 a confraría de pescadores San Gregorio de Raxó (Poio, Pontevedra) presentou un plan de aproveitamento específico para a pesca da anguía na bacía do río Lérez para o ano 2015, de acordo co previsto no artigo 6.1 do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 129, do 6 de xullo).

Segundo. O expediente someteuse ao trámite de información pública durante un prazo de 15 días segundo o disposto no artigo 7.2 do Decreto 130/2001. O prazo de información pública estableceuse mediante Resolución do 31 de marzo de 2015 (DOG núm. 75, do 22 de abril). No antedito prazo non se presentou ningunha alegación.

Terceiro. O artigo 7.3 do Decreto 130/2011 establece a necesidade de que o plan que se aproba sexa sometido a informe do Comité Provincial de Pesca Fluvial ou do Comité Permanente, da Consellería do Medio Rural e do Mar, no caso de afectar desembocaduras, e do departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de espazos naturais protexidos. Na reunión do Comité Permanente do 5 de xuño de 2015 emitiuse informe favorable por unanimidade. A Consellería do Medio Rural e do Mar emitiu informe favorable con data do 13 de abril de 2015.

Cuarto. Segundo establece o artigo 7.5 do Decreto 130/2011, cómpre ter en conta, para a aprobación de calquera plan de aproveitamento específico da anguía, os criterios establecidos pola Decisión da Comisión Europea do 1 de outubro de 2010, criterios que se cumpren segundo a proposta de aprobación do Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O disposto no Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. O disposto na Orde do 31 de marzo de 2014 pola que se regula a comercialización en orixe de especies eurihalinas de interese comercial (DOG núm. 69, do 9 de abril).

Terceiro. O disposto no Decreto 115/2014, do 11 de setembro, polo que se modifica o Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (DOG núm. 181, do 23 de setembro de 2014) en relación co Decreto 235/2012, do 5 de decembro, polo que se fixa a estrutura orgánica da Vicepresidencia e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 233, do 7 de decembro de 2012) e o Decreto 227/2012, do 12 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 230, do 3 de decembro).

Resolución:

Visto o exposto nos antecedentes, acórdase a aprobación do Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura do río Lérez para o ano 2015, que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro).

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2015

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

Anexo
Plan de aproveitamento específico da anguía na desembocadura
do río Lérez para o ano 2015

O plan de aproveitamento específico para a bacía do río Lérez (zona de desembocadura) proponse co seguinte contido:

a) Artes de pesca:

Artes tradicionais mollos de vide, feito con ramas de vide.

O tamaño do mollo de vide non será superior a 50 cm de diámetro.

Colocaranse a unha distancia mínima de 25 m entre eles.

Cada mollo de vide deberá estar debidamente identificado, co número de matrícula e folio da embarcación a que pertenza.

b) Zonas dentro da bacía fluvial e período de pesca:

Para a pesca da anguía considérase unha única zona (xúntase plano).

Delimitación: tramo do río Lérez comprendido entre a ponte da Barca e as liñas rectas imaxinarias que unen punta Campelo co extremo distal do crebaondas da canle do río, e este último con punta Praceres.

Período de pesca: desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de outubro de 2015.

c) Número previsto de días de actividade:

As artes levantaranse transcorridos 15 días desde que fosen colocadas e empregaranse nesta tarefa 2 días.

O número previsto de días de actividade na tempada é de 28.

d) Horas de pesca diarias:

Xornadas de 4 horas.

e) Número de aparellos ou artes de pesca por persoa:

O número máximo de artes de pesca que se empregará non poderá ser superior a dez (10) mollos de vide.

f) Cotas de captura diarias ou por tempada de pesca:

Máximo 10 kg por día de actividade.

A dimensión mínima das anguías capturadas será de 20 cm.

Devolverase ao río calquera outra especie que entre nos mollos de vide.

Só se autoriza a captura da anguía na fase do seu ciclo vital denominada anguía amarela e deberanse devolver á auga, inmediatamente despois da súa captura, todos os exemplares con signos externos propios da fase denominada anguía prateada.

g) Embarcación e membro da asociación participante no plan:

Embarcación: Mejías con matrícula VI-2-1851 e tripulada por Juan Carlos Dacosta Vázquez.

h) Sistema de rexistro das capturas e de remisión de datos ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza:

Cada mes remitirase ao Servizo de Conservación da Natureza unha declaración das capturas totais especificando o total mensual da embarcación, así como os días traballados.

i) Sistema de comercialización das capturas e o seu control:

A comercialización levarase a cabo na lonxa de Campelo e é obrigatorio entregar a totalidade das capturas.

Cada mes, xunto cos partes de capturas, remitirase ao Servizo de Conservación da Natureza o xustificante de venda en lonxa.


DOG nº119 do 26 de xuño de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s