Cobro do Imposto sobre Bens Inmobles do Concello de Vilar de Barrio (Ourense)

O Concello de Vilar de Barrio aprobou as listas cobratorias correspondentes ao imposto de vehículos de tracción mecánica, imposto sobre bens inmobles de natureza urbana e rústica, e taxa pola recollida do lixo do exercicio 2015.

Concello_Vilar_BarrioA partir da publicación deste anuncio ábrese un prazo de información, no cal as listas correspondentes a estes tributos estarán a disposición dos interesados na oficina do concello durante o prazo dun mes.

Período de cobranza para estes tributos fíxase dende o día 1 de xullo de 2015 ata o vindeiro 31 de agosto de 2015.
Forma de pagamento: todos os recibos que non estean domiciliados en contas bancarias serán enviados por correo aos domicilios dos contribuíntes, para que estes poidan facelos efectivos nas oficinas bancarias indicadas nel. No caso de non recibilos nas datas sinaladas, deberán dirixirse a “Catoure, SL”, na rúa Noriega Varela, nº 6, de Ourense.
Medios de pagamento: Serán os establecidos nos artigos 33 a 41 do Regulamento xeral de recadación (Real decreto 939/2005, do 29 de xullo).
Recursos: contra o acto de aprobación do padrón e das liquidacións incorporadas a este, poderase formular un recurso de reposición ante o alcalde, dentro do prazo dun mes contado dende o día seguinte á finalización do período de exposición pública do padrón, ou un recurso contencioso administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, sen que ambos os dous poidan interporse simultaneamente.
Advertencia: transcorrido o período de pagamento voluntario as débedas serán esixidas polo procedemento de constrinximento e aboarase a recarga correspondente, os xuros de demora e, se é o caso, as custas que se produzan. A non recepción do documento de pago non exime da obriga do seu pagamento no período voluntario fixado, sendo obriga do contribuínte solicitalo no caso de non recibilo.


BOP de Ourense nº144 do 25 de xuño de 2015

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s